Cervera
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
| Provincia | Provincia de Lleida | ||||
| Ámbito funcional territorial | Ponent | ||||
| Comarca | Segarra | ||||
| Capital de | |||||
| Capital | Cervera | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 9.533 (2024) | ||||
| Número de fogares | 528 (1553) | ||||
| Lingua oficial | lingua catalá | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 55,2 km² | ||||
| Bañado por | río Ondara e río Sió | ||||
| Altitude | 548 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Jan Pomés (2023–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 25200 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 25072 | ||||
| Código territorial IDESCAT | 250729 | ||||
| Sitio web | cervera.cat | ||||
Cervera é un municipio catalán, pertencente á provincia de Lleida. É a capital da comarca da Segarra, situada no centro da parte meridional da comarca, no val do río Ondara.
Demografía
[editar | editar a fonte]Entidades de poboación
[editar | editar a fonte]| Entidades | Poboación (2005) |
|---|---|
| La Cardosa | 4 |
| Castellnou d'Oluges | 52 |
| Cervera | 8.817 |
| Malgrat | 5 |
| La Prenyanosa | 14 |
| Vergós | 50 |
Evolución demográfica
[editar | editar a fonte]| 1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 1986 | 2008 |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 4.350 | 4.554 | 5.216 | 5.773 | 6.444 | 6.545 | 9.247 |
Comunicacións
[editar | editar a fonte]En Cervera enlazan o Eix Transversal (C-25) coa autovía A-2 de Madrid a Francia. Posúe tamén estación de ferrocarril (liña Barcelona-Lleida-Madrid).
Historia
[editar | editar a fonte]Converteuse en municipio en 1182, e en 1702 obtivo o título de cidade. Entre 1700 e 1715, no marco da Guerra de Sucesión española, Cervera posicionouse de parte de Filipe V e tras a vitoria borbónica converteuse na cabeza de correxemento e obtivo numerosos privilexios. Así, cos logo dos Decretos de Nova Planta estableceuse en 1717 a Universidade de Cervera (1717-1842). Os seus profesores converteron a cidade nun foco de revoltas e conspiracións absolutistas e carlistas na primeira metade do século XIX.
Logo da chegada dos liberais ao poder por mor da morte de Fernando VII en 1833, a Universidade de Cervera trasládase a Barcelona, así como a de Alcala de Henares trasladouse a Madrid para converterse en Universidade Central.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]
- Praza Maior porticada
- Concello (Paeria), de estilo barroco
- Igrexa de Santa María, ss. XIV-XV, de estilo gótico
- Antiga Universidade de Cervera, de estilo neoclásico
- Igrexa románica de Sant Pere o Gros, de planta circular, nos arredores da cidade.
- Museu do Blat i a Pagesia
- Museu Duran i Sanpere, arqueolóxico e de historia local.
- Monumento á Generalitat de Catalunya
- Carreró de les Bruixes
En Vergós
[editar | editar a fonte]- Castelo
- Igrexa da Magdalena
- Igrexa de Santa María
Festas de interese
[editar | editar a fonte]- Santo Antóno Abade, 17 de xaneiro
- Cantada de Completes, 5 de febreiro
- Festa Maior do Santísimo Misterio, 6 e 7 de febreiro
- A Paixón, meses de marzo e abril
- Festa de Sidro Labrego, 15 de maio
- Sant Magí, 18 e 19 de agosto
- Festa da Aquelarre, última fin de semana do mes de agosto
- Festa Maior do Santo Cristo, 4º fin de semana de setembro
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cervera |
- Páxina web do Concello de Cervera Arquivado 09 de abril de 2008 en Wayback Machine.
