Alice in Chains
| Alice in Chains | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Composto por
William DuVall cantante (2006 - ) Mike Inez baixista (1993 - ) Sean Kinney batería (1987 - ) Mike Starr baixista (1987 - 1993) Layne Staley cantante (1987 - 2002) Jerry Cantrell cantante, cantautor, guitarrista (1987 - ) | |||||||||||
|
Selo discográfico
| |||||||||||
| Obra | |||||||||||
|
Discografía
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
Alice in Chains é unha banda de grunge formada na cidade de Seattle en 1987. A súa formación clásica estaba composta por Layne Staley (voz), Jerry Cantrell (guitarra), Mike Inez (baixo) e Sean Kinney (batería). A banda separouse despois da morte de Layne Staley no ano 2002, pero volvería a reunirse no 2005 con William DuVall encargándose das voces.
Historia
[editar | editar a fonte]Formación
[editar | editar a fonte]Alice in Chains sobresaíu como unha das principais bandas da primeira metade da década dos 90 en Seattle. A banda foi formada en 1987, cando Layne Staley (vocalista) coñeceu Jerry Cantrell (guitarrista) no Music Bank, en Seattle. Antes diso, Staley xa tocaba con algúns amigos nunha banda chamada Alice N’ Chains, pero a partir do seu encontro con Cantrell a banda pasou a chamarse Alice in Chains e empezou a traballar en serio. Jerry trouxo para grupo ao baixista Mike Starr e ao batería Sean Kinney, e a banda comezou a tocar nos clubs e bares de Seattle.
En 1989, a banda asinou un contrato coa Columbia Records. En xuño do ano seguinte, lanzaron o EP We Die Young (que hoxe é moi difícil de atopar). O son da banda logo se caracterizou como un "hard-metal" de primeira, con sons que lembraban a Black Sabbath e a Metallica. Layne amosábase un letrista melancólico e sentimental. Xa en 1990, no verán, a banda lanzou o álbum Facelift e comezou a facer xiras ao lado de nomes como Megadeth, Iggy Pop e Van Halen. O disco comezou a ter éxito (gañaría o disco de ouro máis tarde) e a banda comezou a gañar prestixio. En maio de 1991, Alice in Chains participou do Clash of Titans, con Slayer, Megadeth e Anthrax.
En novembro de 1991, Alice in Chains gravou un EP chamado Sap, que é case todo acústico e posúe as participacións de Chris Cornell (Soundgarden) e Mark Arm (Mudhoney). Reza a lenda que o título do disco ven dun soño do batería Sean Kinney. Nese período, o grunge comeza a facerse notar, con bandas coma Soundgarden, Nirvana e Pearl Jam soando nas radios de todo o mundo.
Dirt
[editar | editar a fonte]
En abril de 1992, a banda comezou a gravar o seu novo disco, con Dave Jerden na produción, e o 29 de setembro dese ano Dirt foi lanzado. A banda saíu de xira con Ozzy Osbourne durante tres meses e despois diso Mike Starr decidiu deixar a banda xa que non aguantaba facer máis xiras e que quería pasar máis tempo coa súa familia, sendo substituído por Mike Inez, que era baixista de Ozzy. Xa en 1993, a banda toca con Screaming Trees en Europa e participa no Lollapalooza, que tiña a Primus como atracción principal. No disco Dirt, as letras de Staley son bastante depresivas, con temas como morte e drogas. Ese disco gañaría tres discos de platino.
En setembro de 1993, a banda grava un mini-disco, chamado Jar of Flies, producido por Toby Wright e lanzado a comezos de 1994. É o primeiro EP da historia en chegar á cima da lista da revista Billboard.
Despois dalgún tempo fóra da escena, Staley aparece nun proxecto paralelo con Mike McCready (Pearl Jam), Barret Martin (Screaming Trees) e Baker Saunders (Lamont Cranston). Baixo o nome de Mad Season gravan un disco chamado Above, lanzado en marzo de 1995.
En abril de 1995, Alice in Chains entra no estudio Bad Animals, en Seattle, para a gravación dun novo disco, novamente coa produción de Toby Wright. O resultado é lanzado en novembro de 1995, e o álbum posúe como título o nome da banda (a pesar de que algúns o chamaron Tripod). Eles deciden non facer xira para divulgar o disco o que fai aparecer rumores de que a banda estaríase separando.
Pero en maio de 1996 Alice in Chains reúnese novamente para a gravación dun acústico especial para a MTV (que sería lanzado en vídeo e álbum no verán dese mesmo ano, novamente baixo a produción de Toby Wright), e despois volverían aos escenarios para ser os abreconcertos do inicio da xira do regreso de Kiss, a Kiss Alive 96/97 World Tour. Despois diso os membros de Alice in Chains mergullaríanse noutros proxectos, principalmente Jerry Cantrell.
O 29 de xuño de 1999 é lanzado un recompilatorio da banda, chamado Nothing Safe: The Best of the Box, cos principais éxitos da carreira de Alice in Chains e unha canción inédita. Ese lanzamento serviu de aperitivo para o que viría a continuación: a caixa Music Bank, lanzada en 1999, contendo rarezas, gravacións en vivo e demos que a banda gardou ao longo dos seus máis de dez anos de carreira.
2000 foi un ano con poucas novidades na carreira de Alice in Chains. A seu remate foi lanzado un novo recompilatorio, desta vez composto por gravacións en directo de tres das xiras da banda, chamado sinxelamente Live.
No ano seguinte un novo recompilatorio, desta vez chamado Best Of Alice In Chains. Ese novo disco é unha especie de reedición de Nothing Safe, lanzado dous anos antes, e non traía nada novo. O futuro seguía incerto e a banda permanece co status de "inactiva", a pesar de que oficialmente aínda existía. Os problemas de Layne Staley coas drogas continuaban, e moitos temían o peor.
Tras unha década loitando contra a súa adición, Layne Staley foi atopado morto no seu condominio en Seattle o 19 de abril de 2002. A autopsia e o informe de toxicoloxía do corpo de Staley revelaron que morrera por unha mestura de heroína e cocaína, coñecida como "speedball". A autopsia concluíu que Staley morrera o 5 de abril, dúas semanas antes de atoparse o seu corpo.[1] Cantrell dedicou o seu álbum en solitario de 2002, Degradation Trip, publicado dous meses despois da morte de Staley, á súa memoria. Mike Starr despois afirmou en Celebrity Rehab que foi a última persoa en ver a Staley vivo, e admitiu sentirse culpable por non chamar ao 911 despois de que Staley o advertise contra iso. "Gustaríame non ter estado colocado de benzodiacepinas [esa noite], non tería saído sinxelamente pola porta", dixo Starr.[2][3]
Tras a morte de Staley, Mike Inez uniuse a Heart e xirou e gravou coa banda dende 2002 ata 2006.[4] Jerry Cantrell colaborou con varios artistas como Heart, Ozzy Osbourne,[5] e Damageplan.[6] En 2004 Cantrell formou a banda Cardboard Vampyres xunto co guitarrista de The Cult Billy Duffy, o vocalista de Mötley Crüe e Ratt John Corabi, o baixista de The Cult Chris Wyse e o batería Josh Howser.[7]
O 22 de outubro de 2004, Sony BMG rematou o seu contrato con Alice in Chains, 15 anos despois de que a banda fichase polo selo.[8]
Reforma
[editar | editar a fonte]
No ano 2005, a Sean Kinney ocorreuselle a idea de facer un concerto benéfico para as vítimas do tsunami que golpeou o sur de Asia de 2004. Kinney chamou aos seus antigos compañeiros de banda, así como a amigos do mundo da música como a antiga representante de Alice in Chains Susan Silver. Kinney viuse sorprendido pola resposta entusiasta á súa idea.[9] O 18 de febreiro do ano 2005, os membros de Alice in Chains reuníronse de novo nun escenario. Kinney, Inez e Cantrell uníronse a vocalistas coma Maynard James Keenan (Tool), Patrick Lachman (Damageplan), Wes Scantli (Puddle of Mudd) e Ann Wilson (Heart), para realizar o que se chamou K-Rock Tsunami Continued Care Relief Concert en Seattle. Este concerto deixou a porta aberta a unha posible reunión futura da banda.
Dita reunión concretouse o 20 de marzo de 2006 no programa "Decades Rock Live!" da VH1, dedicado á banda Heart. Nese programa tocaron os temas Would? con Phil Anselmo (cantante de Pantera e Down) e Rooster con William DuVall, cantante e guitarrista de Comes with the Fall, e Ann Wilson, vocalista de Heart. Despois disto, a banda fixo unha pequena xira por Europa e polos Estados Unidos, e un breve tour polo Xapón. Concidindo coa xira, Sony publicou o recompilatorio The Essential Alice in Chains, un dobre disco con 28 temas. Para dita xira reclutouse ao vocalista William DuVall e ao baixista de Velvet Revolver, Duff McKagan, quen tocou a guitarra rítmica nalgunhas cancións.
A banda comezou a compoñer e gravar demos de temas novos para un álbum con DuVall en abril de 2007.[10] Pero o grupo non amosou grandes avances ata outubro de 2008, cando anunciaron que comezaran a gravar no estudio co produtor Nick Raskulinecz.[11]
Black Gives Way to Blue e morte de Mike Starr
[editar | editar a fonte]Blabbermouth.net informou o 5 de setembro de 2008 que Alice in Chains entraría no estudio ese mes de outubro para comezar a gravar o seu novo álbum, que agardaban editalo o seguinte verán. O 14 de setembro a banda actuou no descanso do partido entre os Seattle Seahawks e os San Francisco 49ers no CenturyLink Field en Seattle. A actuación de 12 minutos para unha audiencia de 67 000 contou coa interpretación dunha versión do tema de Led Zeppelin "Kashmir" co amcompañamento da Northwest Symphony Orchestra.[12]
En outubro de 2008, Alice in Chains comezou a gravar o seu cuarto álbum no Studio 606 dos Foo Fighters con Nick Raskulinecz.[11] Nese momento a banda non tiña discográfica e o disco foi financiado por Jerry Cantrell e Sean Kinney.[13] Nos Revolver Golden God Awards, Cantrell dixo que o grupo rematara de gravar o 18 de marzo de 2009, e que estaban mesturándoo para editalo en setembro. O proceso de gravación rematouse o día do 43 aniversario de Cantrell e o mesmo día do nacemento do fillo de William DuVall. En abril de 2009 informouse de que o novo álbum de Alice in Chains sería editado por Virgin/EMI, sendo o primeiro cambio de selo nos seus máis de 20 anos de carreira. Susan Silver, que comezou a traballar como representante da banda en 1988, pasou a co-representar Alice in Chains con David Benveniste e a súa firma Velvet Hammer.[14]
O 11 de xuño de 2009 revelouse que o próximo álbum da banda levaría o nome de Black Gives Way to Blue, e poríase á venda o 29 de setembro do 2009. O día 30 de xuño, un dos temas do novo disco, "A Looking in View", foi editada como primeiro sinxelo. O seu vídeo musical estreouse na páxina oficial da banda o 7 de xullo. O segundo sinxelo, "Check My Brain", puido escoitarse nas emisoras de radio o 14 de agosto, e estivo dispoñible nas tendas o día 17.
Para coincidir coa súa xira europea, Alice in Chains lanzou o seu seguinte sinxelo, "Your Decision", o 16 de novembro no Reino Unido e o 1 de decembro nos Estados Unidos.[15] O 26 de maio do 2010 Black Gives Way to Blue foi certificado ouro pola RIAA ao vender 500.000 copias. O cuarto sinxelo do álbum foi "Lesson Learned", que chegou ás emisoras a mediados de xuño.
Black Gives Way to Blue estreouse no número 5 da lista Billboard 200.[16] O 18 de maio de 2010 o álbum foi certificado ouro pola RIAA[17] por vender máis de 500 000 copias nos Estados Unidos.[18] Os sinxelos singles "Check My Brain" e "Your Decision" acadaron o número 1 da lista Mainstream Rock Tracks da Billboard, mentres que "Lesson Learned" chegou ao número 4.[19]
Xunto con Mastodon e Deftones, Alice in Chains xirou polos Estados Unidos e o Canadá a finais de 2010 na xira Blackdiamondskye, unha mestura dos últimos títulos de álbums das tres bandas (Black Gives Way to Blue, Diamond Eyes e Crack the Skye).[20]
O 8 de marzo de 2011 o ex baixista de Alice in Chains, Mike Starr, foi atopado morto na súa casa en Salt Lake City. A policía dixo a Reuters que foron chamados á casa de Starr ás 13:42 e atoparon o seu corpo; Starr tiña 44 anos. Posteriormente xurdiron informes de que o compañeiro de piso de Starr o vira mesturando metadona e medicamentos para a ansiedade horas antes de que fose atopado morto. Informes posteriores indicaron que a morte de Starr podería estar relacionada con dous tipos diferentes de antidepresivos que lle recetara o seu médico.[21][22][23] O 20 de marzo de 2011 celebrouse un homenaxe público por Starr na Fonte Internacional do Seattle Center.[24]
The Devil Put Dinosaurs Here
[editar | editar a fonte]O 21 de marzo de 2011 Alice in Chains anunciou que estaban a traballar nun quinto álbum de estudio,[25][26] e tanto Cantrell como Inez declararon posteriormente que xa comezaran o proceso de gravación. Esperábase que o álbum estivese rematado no verán de 2012 e publicado a finais dese ano ou principios de 2013. Mentres Alice in Chains estaba compoñendo para o álbum en 2011, Cantrell someteuse a unha cirurxía no ombreiro dereito, o que atrasou a gravación do novo material. Nunha entrevista publicada en maio de 2012, Cantrell explicou: "O que me deixou paralizado é que tiña algúns esporóns óseos [e] problemas de cartilaxe nos ombreiros. Tiven o mesmo problema no outro ombreiro hai uns seis anos, así que xa me operaron os dous. É unha lesión por movementos repetitivos por tocar".[27] Cantrell non puido tocar a guitarra durante oito meses mentres se recuperaba da cirurxía.[28] Mentres se recuperaba na casa cun cabestrillo, Cantrell escoitou un riff na súa cabeza e cantouno no seu teléfono.[29] O riff converteuse máis tarde na canción "Stone".[30]
Alice in Chains tocou o seu primeiro concerto en case 10 meses e o seu primeiro concerto despois da operación de ombreiro de Cantrell no Winstar Casino en Thackerville, Oklahoma, o 13 de agosto de 2011.[31] O único concerto da banda en 2012 foi un set acústico de cinco cancións o 31 de maio no oitavo concerto benéfico anual do fondo MusiCares MAP en homenaxe a Jerry Cantrell.[32]
O 4 de decembro de 2012 Cantrell confirmou que o novo álbum estaba rematado.[33] O primeiro sinxelo, "Hollow", estreouse en liña o 18 de decembro e estivo dispoñible para descarga dixital en xaneiro de 2013, xunto cun vídeo musical oficial.[34][35][36] O 13 de febreiro de 2013 Alice in Chains publicou en Facebook que o título do seu novo álbum sería un anagrama das letras H V L E N T P S U S D A H I E E O E D T I U R R.[37] Ao día seguinte anunciaron que o álbum se chamaría The Devil Put Dinosaurs Here,[38] publicándose o 28 de maio de 2013,[39] e estreándose no número 2 da lista Billboard 200.[40]
Para promocionar o álbum, Alice in Chains uniuse a Funny or Die para un falso documental de 11 minutos titulado AIC 23, no que o profesor de estudos cinematográficos Alan Poole McLard (interpretado por W. Earl Brown) intenta facer un documental sobre Alice in Chains sen axuda da banda, entrevistando a outros músicos. Entre eles están o cantante de country Donnie 'Skeeter' Dollarhide Jr. (interpretado por Jerry Cantrell), o cantante de reggae Nesta Cleveland (interpretado por William DuVall), o músico de black metal Unta Gleeben Glabben Globben Globin (interpretado por Mike Inez) e o hipster Stanley Eisen (interpretado por Sean Kinney).[41] O vídeo foi lanzado o 3 de abril de 2013 e tamén inclúe cameos de Ann e Nancy Wilson de Heart, Mike McCready de Pearl Jam, Kim Thayil de Soundgarden, Duff McKagan de Guns N' Roses, Brent Hinds e Bill Kelliher de Mastodon, e Lars Ulrich e Robert Trujillo de Metallica.[42]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Facelift | 1990 | Columbia Records |
| Dirt | 1992 | Columbia Records |
| Alice in Chains | 1995 | Columbia Records |
| Black Gives Way to Blue | 2009 | Virgin/EMI |
| The Devil Put Dinosaurs Here | 2013 | Virgin/EMI |
| Rainier Fog | 2018 | BMG |
EP
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| We Die Young | 1990 | Columbia Records |
| Sap | 1992 | Columbia Records |
| Jar of Flies | 1993 | Columbia Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Layne Staley Died From Mix Of Heroin, Cocaine, Report Says". MTV (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2022. Consultado o 2023-10-13.
- ↑ Greene, Andy (2011-03-09). "Alice In Chains Bassist Mike Starr Dies At 44". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2023-10-13.
- ↑ "Former Alice in Chains rocker Mike Starr dies". Reuters (en inglés). 2011-03-09. Consultado o 2023-10-13.
- ↑ "Ann and Nancy Wilson of Heart at Walk of Fame Star Ceremony". heart-music.com. 2015-09-20. Archived from the original on 20 de setembro de 2015. Consultado o 2023-10-13.
- ↑ Blabbermouth (2004-08-16). "Former ALICE IN CHAINS Guitarist Laying Down Tracks For New OZZY OSBOURNE Album". BLABBERMOUTH.NET (en inglés). Consultado o 2023-10-13.
- ↑ "Jerry Cantrell To Jam With Alice In Chains Bandmates". MTV (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2023. Consultado o 2023-10-13.
- ↑ "Jerry Cantrell Forms New Band - Cardboard Vampyres". Glide Magazine (en inglés). 2004-06-23. Consultado o 2023-10-13.
- ↑ de Sola, David (August 4, 2015). Alice in Chains: The Untold Story. Thomas Dunne Books. pp. 323-324. ISBN 978-1250048073
- ↑ STOUT, By GENE (2005-02-18). "Kinney drums up enthusiastic response for tsunami benefit". Seattle Post-Intelligencer (en inglés). Consultado o 2023-10-13.
- ↑ "Alice In Chains Begins Writing New Material". Blabbermouth. Archived from the original on 30 de setembro de 2007. Consultado o 17 de setembro de 2018.
- ↑ 11,0 11,1 "Alice in Chains Working with Rush/Foo Fighters Producer". Blabbermouth. Archived from the original on 25 de maio de 2009. Consultado o 17 de setembro de 2018.
- ↑ Blabbermouth (2008-09-19). "ALICE IN CHAINS Performs LED ZEPPELIN's 'Kashmir' At Seattle's Qwest Field; Video Available". BLABBERMOUTH.NET (en inglés). Consultado o 2023-10-14.
- ↑ "Alice in Chains". exclaim!. Consultado o 14 de outubro de 2023.
- ↑ "Alice In Chains Signs With Virgin/EMI". Blabbermout. Archived from the original on 27 de abril de 2009. Consultado o 14 de outubro de 2023.
- ↑ "Alice In Chains To Release 'Your Decision' Single". Blabbermouth. Archived from the original on 15 de outubro de 2009. Consultado o 17 de setembro de 2018.
- ↑ "Barbra Streisand Surprises With Ninth No. 1 On Billboard 200". Billboard. Consultado o 17 de setembro de 2018.
- ↑ "American album certifications - Alice in Chains".". RIAA. Consultado o 17 de setembro de 2018.
- ↑ "Alice In Chains Strikes Gold With 'Black Gives Way To Blue'". Blabbermouth. Consultado o 17 de setembro de 2018.
- ↑ "Alice in Chains Chart History". Billboard. Consultado o 2019-05-09.
- ↑ "ALICE IN CHAINS Guitarist Talks 'BlackDiamondSkye' Tour". Blabbermouth (en inglés). 2010-08-01. Consultado o 2025-10-12.
- ↑ Quinn, Ben (2011-03-09). "Mike Starr, legendary Alice in Chains bass player, found dead". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2025-10-12.
- ↑ "Former Alice in Chains rocker Mike Starr dies". Reuters. Consultado o 12 de outubro de 2025.
- ↑ "Former 'Alice in Chains,' 'Celebrity Rehab' star dies in Salt Lake City". www.abc4.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2011. Consultado o 2025-10-12.
- ↑ Allison, Melissa (2011-03-20). "Memorial held for Alice in Chains bassist Mike Starr". The Seattle Times (en inglés). Consultado o 2025-10-12.
- ↑ "Metal Hammer". Louder (en inglés). 2025-12-27. Consultado o 2025-12-27.
- ↑ "BLABBERMOUTH.NET - ALICE IN CHAINS Is Working On New Music, Says HEART's ANN WILSON". www.roadrunnerrecords.com. Consultado o 2025-12-27.
- ↑ "Lessons Learned With Jerry Cantrell". grammy.com. Consultado o 2025-12-27.
- ↑ "Jerry Cantrell takes over the KLOS airwaves with Melissa Maxx PT1". 2014-11-12. Consultado o 2025-12-27.
- ↑ Tisha Clark (2015-06-06). "Jerry Cantrell humming Stone's melody". Consultado o 2025-12-27.
- ↑ "Through the good and the bad, Alice in Chains unbroken". Los Angeles Times (en inglés). 2013-05-29. Consultado o 2025-12-27.
- ↑ "ALICE IN CHAINS Ends 10-Month Break From Stage". BLABBERMOUTH.NET (en inglés). 2011-08-22. Consultado o 2025-12-27.
- ↑ "Alice in Chains' Jerry Cantrell Honored with Stevie Ray Vaughan Award". Rolling Stone. Consultado o 2025-12-27.
- ↑ "BLABBERMOUTH.NET - Guitarist Confirms Completion Of New ALICE IN CHAINS Album". blabbermouth.net. Consultado o 2025-12-27.
- ↑ "Alice in Chains has issued the following update". Blabbermouth. Consultado o 27 de decembro de 2025.
- ↑ "Alice in Chains Unleash New Single 'Hollow'". Loudwire (en inglés). 2012-12-18. Consultado o 2025-12-27.
- ↑ "Alice In Chains Working On "Hollow" Music Video". Theprp.com (en inglés). 2012-12-21. Consultado o 2025-12-27.
- ↑ "Alice in Chains on Facebook". ghostarchive.org. Consultado o 2025-12-27.
- ↑ "BLABBERMOUTH.NET - ALICE IN CHAINS: New Album Title Revealed". www.blabbermouth.net. Consultado o 2025-12-27.
- ↑ "Alice in Chains Release New Album, The Devil Put Dinosaurs Here, and Video Teaser". www.revolvermag.com. Consultado o 2025-12-27.
- ↑ "Alice in Chains". Billboard (en inglés). Consultado o 2025-12-27.
- ↑ "Alice in Chains Team With Funny or Die for Hilarious 'AIC 23′ Mockumentary". Loudwire (en inglés). 2013-04-03. Consultado o 2025-12-27.
- ↑ "Alice in Chains Twenty-Three" (en inglés). Consultado o 2025-12-27.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alice in Chains |
- Páxina oficial (en inglés)