Primus
| Primus | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Composto por
Bryan Mantia (1996 - 2000) Larry LaLonde (pt) Tim Alexander (1989 - ) Jay Lane (en) Todd Huth (pt) Les Claypool (1984 - ) | |||||||||||
|
Selo discográfico
| |||||||||||
| Obra | |||||||||||
|
Discografía
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
Primus é unha banda estadounidense de rock alternativo formado en 1984 en El Sobrante (California). Na actualidade está composta polo vocalista e baixista Les Claypool, o guitarrista Larry "Ler" LaLonde e o batería Jay Lane. Primus orixinalmente formárono Claypool, Todd Huth e Lane, deixando a banda os dous últimos despois do álbum de estrea, Suck on This, sendo substituídos polo batería Tim "Herb" Alexander e o guitarrista Larry LaLonde. Con esta formación o grupo lanzou catro álbums de estudio: Frizzle Fry, Sailing the Seas of Cheese, Pork Soda e Tales from the Punchbowl. En 1996, Alexander deixou Primus e foi substituído por Bryan "Brain" Mantia, co cal editarían Brown Album e Antipop antes de que a banda entrase en hiato no ano 2000. O grupo é coñecido por crear o tema principal da serie de animación South Park en 1997.
No ano 2003, Claypool e LaLonde reuníronse con Tim Alexander e editaron un DVD/EP, Animals Should Not Try to Act Like People, antes de xirar entre os anos 2003 e 2004. No 2010 anunciaron que Jay Lane, o seu batería orixinal, reunírase con eles para unha xira, e que posteriormente editarían dixitalmente o EP June 2010 Rehearsal de balde.
Primus caracterízase pola súa aproximación á música irreverente e acotío "pouco seria". Moitos dos seus álbums foron editados polo selo de Claypool, Prawn Song Records, cuxo nome é unha parodia do selo de Led Zeppelin, Swan Song.
Discografía
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Suck on This | 1989 | Prawn Song Records/Caroline Records |
| Frizzle Fry | 1990 | Caroline Records |
| Sailing the Seas of Cheese | 1991 | Interscope Records |
| Pork Soda | 1993 | Interscope |
| Tales from the Punchbowl | 1995 | Interscope |
| Brown Album | 1997 | Interscope |
| Antipop | 1999 | Interscope, Prawn Song |
| Green Naugahyde | 2011 | ATO, Prawn Song |
| Primus & the Chocolate Factory with the Fungi Ensemble | 2014 | ATO, Prawn Song |
| The Desaturating Seven | 2017 | ATO, Prawn Song |