Lega Pro Prima Divisione
Aparencia
| Nome na lingua orixinal | (it) Serie C1 (it) Lega Pro Prima Divisione |
|---|---|
| Tipo | liga de fútbol |
| Organizador | Lega Italiana Calcio Professionistico (pt) |
| Número de participantes | 36 |
| Localización e Datas | |
| País | Italia |
| Vixencia | 1978 – 2014 |
| Calendario da tempada | setembro – |
| Período de ocorrencia | 1 ano |
| Outro | |
| Páxina web oficial | lega-pro.com |
A Lega Pro Prima Divisione (antes denominada Serie C1) foi o terceiro nivel do sistema de ligas do fútbol italiano.
Naceu en 1978 como consecuencia da división da antiga Serie C e está dividida en dúas zonas: A e B, con 18 equipos cada unha. O campión de cada zona ascendía directamente á Serie B, mentres que o segundo, terceiro, cuarto e quinto de cada zona xogaban un torneo play off no cal outro equipo conseguía ascender, de cada zona. O peor colocado de cada zona descendía á Serie C2 e o 17º, 16º, 15º e 14º na táboa xogaban un play out onde dous de cada zona descendían tamén.