Setembro
Aparencia
| Setembro | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||
| << | Setembro | >> | ||||
| Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
| 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
| 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
| 29 | 30 | |||||
| 2025 Todos os días | ||||||

Setembro é o noveno mes do ano no calendario gregoriano e ten 30 días. O seu nome, que vén da mesma raíz latina ca "sétimo", débese a que era o sétimo mes no calendario romano.
O mes de setembro empeza no mesmo día da semana que decembro cada ano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- O 7 de setembro celébrase a Independencia do Brasil.
- O 18 de setembro celébrase a Independencia de Chile.
- O 21 de setembro é, no hemisferio sur, o primeiro día da primavera e no hemisferio norte, o primeiro día do outono.
- O primeiro sábado de setembro celébrase o Día Mundial da Barba.[1]
- Tamén o primeiro sábado de setembro celébrase o Día Internacional do Voitre.[2]
Setembro na cultura popular galega
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Setembro na cultura popular galega.
Refraneiro
[editar | editar a fonte]- En setembro colle o viño e non durmas no camiño.
- Por Santa Erea, toma os bois e semea; por San Martiño, nin fabas nin liño.[3]
- Setembro ou seca as fontes ou leva as pontes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Día Mundial de la Barba: ¡Luce una barba impecable!" (en castelán). Consultado o 21.03.2025.
- ↑ "Día Internacional del Buitre" (en castelán). Consultado o 24.11.2025.
- ↑ Santa Irea ou Erea, 18 de setembro; San Martiño, 11 de novembro.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Setembro |