Imbolc
| Imbolc | |||
|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||
| Datas e cronoloxía | |||
|
Día periódico
| |||
| Localización | |||
| |||
| Wikidata C:Commons |
| Series de |
| Mitoloxía celta |
|---|
| Mitoloxía gaélica |
| Mitoloxía britónica |
| Relixión |
| Festivais |
Imbolc é unha das catro principais festas do calendario celta, asociado co ritual da fertilidade, que foi modificado, ocupado e convertido[Cómpre referencia] polo cristianismo no día de Santa Bríxida de Irlanda. Historicamente a festa é tamén se coñecida en Escocia coma Latha Fhèill Brìghde, en Irlanda coma Lá Fhéile Bríde e en Gales coma Gwyl Ffraed. O Imbolc asóciase co 1 de febreiro aínda que o festival celta comeza o 31 de xaneiro.
Imbolc e o neopaganismo
[editar | editar a fonte]En tempos máis recentes foi celebrado como a festa do lume, un dos oito días festivos (catro solares e catro lunares) ou sabbats da roda do ano neopagano.
Nos últimos tempos esta festa foi xeralmente celebrada polos pagáns modernos o 1 ou o 2 de febreiro. Algúns neopagáns relacionan esta celebración co punto medio entre o solsticio de inverno e o equinoccio de primavera que actualmente se celebra o 4 e o 5 de febreiro.