Saltar ao contido

Taranis (deus)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Roda celta»)
Taranis
 Instancia de
 Venerado por
 Semellante a
Biografía
 Sexo
Identificadores
VIAF200146865 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0lxw3 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Taranis Xúpiter con roda e trono.

Taranis é un deus da mitoloxía celta, adorado sobre todo na Galia e na Bretaña romana.

Considerábase o deus do trono, a luz e o ceo, representado coma un home con barba, a pé ou montado nun cabalo, que levaba na man un raio ou unha roda, e en ocasións ambas cousas. Xunto con Esus, señor das árbores e Teutates, deus guerreiro, formaba a tríade dos "deuses da noite". Os druídas facían sacrificios para calmalo, pois considerábano responsábel de treboadas e tempestades.

O seu nome provén de tara, trono, e podería estar relacionado con Thor, da mitoloxía nórdica, ou Xúpiter, da romana.