Dagda
Aparencia
| Dagda | |
|---|---|
|
Instancia de
| |
|
Venerado por
| |
|
Parte de
| |
| Biografía | |
|
Sexo
| |
| Familia | |
| Wikidata |
| Series de |
| Mitoloxía celta |
|---|
| Mitoloxía gaélica |
| Mitoloxía britónica |
| Relixión |
| Festivais |
Dagda era o gran deus da mitoloxía irlandesa. O seu nome significa: o bo deus.
Era o Señor do Coñecemento e estaba moi dotado para a maxia. Representábaselle coma un home de campo que arrastraba un grande mazo sobre unhas rodas. Cun extremo mataba os seus inimigos, cuxos ósos estalaban coma pedriñas baixo os cascos dun cabalo, e co outro revivía os mortos. Posuía ademais unha arpa chamada Daurblada que foi roubada polos Fomoré. Tamén está asociado á abundancia e á xenerosidade da terra, xa que saciaba a fame a todos cun caldeiro inesgotábel e tiña un grande apetito. É o irmán de Ogma.