Saltar ao contido

Adonis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Adonis
 Instancia de
 Venerado por
 Patrón de
Obra
 Presente na obra
 Representado por
Adonis (en) Traducir
Dying Adonis (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Biografía
 Circunstancias morte
 Asasinado por
 Sexo
Familia
 Nai
Esmirna (pt) Traducir
Alphesiboea (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Pai
Cíniras (pt) Traducir
Theias (en) Traducir
Fénix (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Parella
 Irmá/n
Esmirna (pt) Traducir
Laogore (en) Traducir
Braesia (en) Traducir
Orsedice (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Fillo/a
Béroe (pt) Traducir
Golgos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificadores
VIAF308240680 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Adonis é un deus grego que simboliza a morte e a renovación da natureza, sendo unha das figuras máis complexas dos tempos clásicos. A figura de Adonis está baseada case totalmente no deus semita Tammuz, relacionado co termo hebreo Adonaï (o meu señor).

Afrodita por medio dun meigallo fixo que Mirra tivese relacións incestuosas con seu pai, Tías, rei de Asiria. Cando o rei o descubriu tratou de matar a filla cun coitelo, e os deuses para o evitar converteron a Mirra nunha árbore de mirra. Desta árbore xermolou Adonis, confirmando a súa natureza como deus da vexetación.

Segundo a versión de Apolodoro, Adonis era fillo de Ciniras, rei de Chipre e Metharne, e segundo Hesíodo era o fillo de Fénix.

Unha vez nado Adonis, Afrodita meteuno nun cofre e levouno baixo a súa á, confiando a súa crianza a Perséfone. Cando Afrodita o reclamou, Perséfone negouse a devolvelo, prendada da súa beleza. Zeus decidiu que Adonis debería pasar catro meses con Afrodita, catro con Perséfone e catro meses con quen elixise; Adonis sempre elixiu a Afrodita por ser Perséfona a deusa máis fría do baixomundo.

Durante unha xornada de caza con Afrodita, un xabaril (enviado por Ares) atacouno, e do seu sangue naceron unhas flores chamadas anemones; cando Afrodita foi socorrelo feriuse cunhas silvas e as pingas do seu sangue transformáronse nunhas flores semellantes á rosa, denominadas adonis.

Na fala coloquial, cando alguén (normalmente un home e non unha muller) destaca pola súa beleza, compárase con este deus: Está feito un Adonis.