Aberystwyth
| Aberystwyth (en) Aberystwyth (cy) | |||||
| Epónimo | River Ystwyth (en) | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Reino Unido | ||||
| País | Gales | ||||
| Área principal | Ceredigion | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 13.040 (2011) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 531,81 ha | ||||
| Bañado por | Baía de Cardigan e River Ystwyth (en) | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 1109 | ||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Thomas Owen Morgan (1862–1864) Evan Hugh James (1901–1903) George Fossett Roberts (1912–1913) Joseph Barclay Jenkins (en) Richard Jenkin Ellis (en) Richard Jenkin Ellis (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | SY23 | ||||
| Prefixo telefónico | 01970 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Monumentos Nacionais de Gales | |||||
| Identificador | 33035 | ||||
| Sitio web | aberystwyth.gov.uk | ||||
Aberystwyth é unha cidade situada na confluencia dos ríos Ystwyth e Rheidol, no condado de Ceredigion, Gales.
A cidade ten 12.000 habitantes, pero hai que lle engadir 7.000 estudantes universitarios.
A Universidade e a Biblioteca Nacional de Gales teñen a súa sede na cidade, e gran parte da economía local depende da Universidade, ademais é o segundo porto comercial galés.
Na cidade ten a súa sede a Cymdeithas yr Iaith (Sociedade da Lingua galesa) e aquí realizou en febreiro de 1962 a súa primeira acción de protesta pacífica.
O 35% da poboación local pode falar galés.
Historia
[editar | editar a fonte]Habitado cando menos dende a Idade de Ferro, a construción dunha fortaleza normanda en 1109 deu orixe á cidade, Llandabarn Gaerog (Llanbadarn fortificado) foi o seu primeiro nome. En 1277 Eduardo I de Inglaterra reconstruíu o castelo, despois de ser destruído polos galeses. Entre 1404 e 1408 o castelo estivo nas mans de Owain Glyndŵr, quen finalmente se rendeu ao príncipe Henrique.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aberystwyth |
| A Galipedia ten un portal sobre: Gales |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial de Aberystwyth Arquivado 27 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)

