Saltar ao contido

Xfce

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xfce
Persoas e organizacións
 Desenvolvedor
 Creador/a
Produción
 Versións
4.20 versión estábel (15 de decembro de 2024)
4.14 versión estábel (12 de agosto de 2019)
4.16 versión estábel (22 de decembro de 2020)
4.12 versión estábel (28 de febreiro de 2015)
4.10 versión estábel (28 de abril de 2012)
4.18 versión estábel (15 de decembro de 2022) Editar o valor en Wikidata
Características
 Sistema operativo
 Linguaxe de programación
C Editar o valor en Wikidata
 Biblioteca de IU
Wikidata C:Commons

Xfce (pronunciado como letras individuais) é un contorno de escritorio para Unix e outros sistemas operativos baseadas nela como Linux, Solaris ou BSD. Está configurado para utilizarse co rato e os ficheiros de configuración normalmente están ocultos para o usuario normal.

Xfce pretende ser rápido e lixeiro, atractivo desde o punto de vista visual e fácil de usar.  Xfce encarna a filosofía tradicional de Unix de modularidade e reutilización.  Consiste en partes empaquetadas por separado, que xuntas fornecen todas as funcións do contorno de escritorio, pero poden ser seleccionadas en subconxuntos para adaptarse ás necesidades e preferencias do usuario.  Outra das prioridades de Xfce é a adhesión a estándares, especialmente os definidos en freedesktop.org.

Do mesmo xeito que GNOME, Xfce baséase no kit de ferramentas GTK, pero non é unha copia («fork») de GNOME.  Emprega o xestor de xanelas Xfwm. A súa configuración pode facerse integramente co rato, tendo ademais ficheiros de configuración avanzada agochados ao usuario xeral. Xfce non fornece animacións de escritorio, aínda que o Xfwm ten compatibilidade para elas.

Desde febreiro de 2019 a web de Xfce, está dispoñible en galego.

Distribucións

[editar | editar a fonte]

Distribucións que inclúen Xfce como contorno principal:

Outras inclúen Xfce como contorno opcional