XAMPP
| XAMPP | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
|
Subclase de
| |||||||
|
Uso
| |||||||
|
Composto por
| |||||||
| Produción | |||||||
|
Versións
8.3.12 versión estábel (16 de setembro de 2025)
8.2.0 versión estábel (29 de decembro de 2022) 8.2.4 versión estábel (8 de abril de 2023) 8.2.12 versión estábel (19 de novembro de 2023) 7.1.16 (12 de abril de 2018) 8.0.2 8.0.6 (11 de maio de 2021) 7.4.13 (11 de xaneiro de 2021) 7.4.5 (24 de abril de 2020) 7.4.4 (1 de abril de 2020) 8.0.9 (3 de agosto de 2021) 8.1.4 (18 de marzo de 2022) 8.1.1 (24 de decembro de 2021) 7.1.6 (22 de xuño de 2017) 8.1.6 (16 de maio de 2022) 7.0.29 (12 de abril de 2018) 7.4.1 (27 de decembro de 2019) 5.6.35 (12 de abril de 2018) 7.2.6 (11 de xuño de 2018) 7.2.5 (11 de maio de 2018) 7.2.4 (12 de abril de 2018) 7.3.12 (5 de decembro de 2019) 7.2.9 (27 de agosto de 2018) 7.3.4 (15 de abril de 2019) 7.2.12 7.3.8 (14 de agosto de 2019) 7.3.5 (6 de maio de 2019) 7.3.11 (30 de outubro de 2019) | |||||||
|
Licenza
| |||||||
| Características | |||||||
|
Sistema operativo
| |||||||
|
Plataforma
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
XAMPP é un servidor independente de plataforma, software libre, que consiste principalmente na base de datos MySQL, o servidor Web Apache e máis os intérpretes para linguaxes de script: PHP e Perl. O nome provén do acrónimo de X (para calquera dos diferentes sistemas operativos), Apache, MySQL, PHP, Perl. A partir da versión 5.6.15, XAMPP trocou a base de datos MySQL por MariaDB, un fork de MySQL con licenza GPL.
O programa está liberado baixo a licenza GNU e actúa como un servidor Web libre, doado de usar e capaz de interpretar páxinas dinámicas. Actualmente XAMPP está dispoñible para Microsoft Windows, GNU/Linux, Solaris, e Mac OS X.
Características e requisitos
[editar | editar a fonte]XAMPP so require descargar e executar un arquivo zip, tar, ou exe, cunhas pequenas configuracións nalgún dos seus compoñentes que o servidor Web necesitará. XAMPP actualízase regularmente para incorporar as últimas versións de Apache/MySQL/PHP e Perl. Tamén inclúe outros módulos como OpenSSL e phpMyAdmin. Para instalar XAMPP requírese unha pequena fracción do tempo necesario para descargar e configurar os programas por separado.
Aplicacións
[editar | editar a fonte]Oficialmente, os deseñadores de XAMPP só pretendían o seu uso como unha ferramenta de desenvolvemento, para permitir aos deseñadores de sitios webs e programadores comprobar o seu traballo nos seus propios ordenadores sen ningún acceso a Internet. Na práctica, non obstante, XAMPP é utilizado actualmente para servidor de sitios Web e, con algunhas modificacións, é xeralmente o suficientemente seguro para iso. Co paquete inclúese unha ferramenta especial para protexer as partes máis importantes. É básico para un programador web.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Screencast instrucións sobre a pantalla en galego Arquivado 01 de maio de 2009 en Wayback Machine.
- Sitio oficial en portugués do Brasil Arquivado 30 de novembro de 2009 en Wayback Machine.
- Sitio oficial en español Arquivado 30 de novembro de 2009 en Wayback Machine.
- Artigo de IBM
- Entrevista con Kai Seidler-MySQL en inglés