Wamba
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 633 (<633) Penamacor, Portugal |
| Morte | c. 688 Pampliega, España |
| Lugar de sepultura | Toledo (1274–) Pampliega (688–1274) |
| Rei dos visigodos | |
| 672 – 680 ← Recesvinto – Ervixio → | |
| Datos persoais | |
| Residencia | Toledo |
| Relixión | Cristianismo niceno |
| Actividade | |
| Ocupación | monxe cristiano (680–), guerreiro, monarca |
| Outro | |
| Título | Rei dos visigodos |
| Pai | Tulga |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Wamba[1] ou Vamba,[2] finado no ano 687, foi un rei visigodo que reinou entre os anos 672 e 680.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A morte de Recesvinto levou á nobreza a proclamalo rei, a pesar de rexeitar o nomeamento debido á súa avanzada idade. Wamba foi forzado pola nobreza a aceptar o trono na localidade de Gérticos, despois chamada Wamba (situada na actual provincia de Valladolid, a 19 km da capital) na súa honra. Por iniciativa propia esixiu ser coroado en Toledo o 20 de outubro de 672.

Foi o último rei que deu esplendor aos visigodos. Coa súa morte comeza a decadencia. O seu reinado non foi fácil, pois o pasou case enteiramente sufocando as loitas internas da nobreza contra a monarquía, os nobres entre si, os católicos contra os arianos e a poboación hispanorromana contra os visigodos. Ademais tivo que sufocar unha rebelión dos vascóns, e no 672 houbo de enfrontarse a un novo e descoñecido perigo: a invasión de norteafricanos ou árabes, que tentaron pasar á Península por Alxeciras, intento que foi rexeitado polos visigodos.
Crese que o metropolitano de Toledo, Xiao II, interveu na conxura que acabou co poder do rei Wamba. O rei foi enganado e narcotizado e unha vez nese estado, tonsurárono, vestírono cun hábito de monxe e obrigárono a renunciar á coroa no ano 680.
Durante o seu reinado celebrouse o terceiro concilio de Braga.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Wamba". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2202.
- ↑ Enciclopedia Galega Universal.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wamba |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Vamba". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]| Predecesor: Recesvinto |
Rei dos visigodos 672-680 |
Sucesor: Ervixio |