Turquesa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
| Turquesa | |
|---|---|
Turquesa puída | |
| Información xeral | |
| Fórmula química | CuAl₆(PO₄)₄(OH)₈·4H₂O |
| Clase | Fosfatos |
| Sistema cristalino | Triclínico |
| Propiedades físicas | |
| Cor | Azul, turquesa e verde |
| Brillo | Resinoso |
| Dureza | 5-6 |
| Exfoliación | Inexistente |
| Fractura | Concoidea |
| Raia | Branca |
| Densidade | 2,6-2,8 g/cm3 |
| Propiedades ópticas | |
| Clasificación | |
| Outros datos | |
| Referencias | |
A turquesa (do francés pierre turquoise, pedra turca) é un mineral da clase dos fosfatos cuxa fórmula química é CuAl6(OH)8(PO4)4·4H2O e que presenta unha cor turquesa moi característica.
Aspecto
[editar | editar a fonte]A turquesa adoita aparecer en forma de agregados amorfos e masivos e rara vez se presenta en forma de cristais. A súa coloración vai da azul á verde pasando pola turquesa, a súa cor máis característica.
Lugares onde se atopa
[editar | editar a fonte]É frecuente atopar turquesa enchendo os buracos e fisuras das rochas ricas en aluminio, sobre todo se interveñen no proceso de formación solucións fosfatadas. A turquesa asóciase en ocasións coa limonita e o cuarzo criptocristalino.
Os Estados Unidos e Irán son dous importantes explotadores de turquesa. En España podemos atopar este mineral en Cáceres, cunha cor azul intensa moi apreciada polos coleccionistas.
Usos da turquesa
[editar | editar a fonte]A turquesa é unha pedra semipreciosa moi apreciada no mundo da xoiería por ser escasa e moi valorada pola súa cor como pedra ornamental.
Outros fosfatos
[editar | editar a fonte]Outros minerais nos que a presenza de fósforo é destacada son:
A apatita e a piromorfita.
