Thurston Moore
|  (2024)  | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Thurston Joseph Moore  25 de xullo de 1958  (67 anos) Coral Gables, Estados Unidos de América  | 
| Educación | Bethel High School (en)   Western Connecticut State University (en)    | 
| Actividade | |
| Ocupación | guitarrista, músico de jazz, artista de instalacións, actor de televisión, actor de cinema, actor de dobraxe, saxofonista, pianista, cantautor, cantante, compositor, músico  | 
| Período de actividade | 1980  - | 
| Membro de | |
| Xénero artístico | Música rock, rock alternativo, rock experimental, noise rock, No Wave, música noise, música vangardista, indie rock e jazz  | 
| Instrumento | Guitarra, voz e baixo  | 
| Selo discográfico | Ecstatic Peace! Virgin Music  | 
| Familia | |
| Cónxuxe | Eva Prinz (2020–) Kim Gordon (1984–2013)  | 
| Fillos | Coco Gordon Moore (  ) Kim Gordon  | 
| Descrito pola fonte | Obálky knih,    | 
| Sitio web | thurstonmoore.com  | 
|                                 | |
Thurston Joseph Moore, nado o 25 de xullo de 1958 en Coral Gables (Florida), é un músico estadounidense coñecido por ser o cantante e guitarrista da banda de rock alternativo Sonic Youth. Colaborou tamén cun feixe de artistas fóra de Sonic Youth, ten tres discos en solitario e en 1981 fundou o selo discográfico Ecstatic Peace!.
Moore naceu en Coral Gables, Florida e trasladouse a Bethel, Connecticut. A pesar de estar matriculado na Western Connecticut State University, optou por mudarse a Nova York. Alí aprendeu a tocar a guitarra para Glenn Branca e pouco despois co-fundou Sonic Youth, actuando como guitarrista e vocalista.
En 1985 casou coa baixista e vocalista de Sonic Youth Kim Gordon, coa cal ten unha filla, Coco Hayley Gordon Moore. O 14 de outubro de 2011 a parella anunciaría a súa separación. Thurston é coñecido por tocar guitarras Fender Jazzmaster á parte doutros modelos de Fender, como a Mustang e a Jaguar.
No ano 2004 a revista Rolling Stone elixiu a Moore e ao seu compañeiro en Sonic Youth Lee Ranaldo o 34 e 33 mellores guitarristas de todos os temas respectivamente[1].
No ano 2012, Moore creou unha nova banda chamada Chelsea Light Moving, que publicou o seu autotitulado álbum de estrea o día 5 de marzo do 2013 a través do selo Matador Records.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Moore naceu o 25 de xullo de 1958 en Coral Gables, Florida. Os seus pais eran George E. Moore, profesor de música, e Eleanor Nann Moore. En 1967 toda a familia mudouse a Bethel, Connecticut.[2] A pesar de matricularse na Western Connecticut State University, mudouse a cidade de Nova York para unirse ás crecente escena post-punk/no wave. Nos seus primeiros tempos na cidade viviu nun apartamento debaixo do artista Dan Graham, facéndose amigo del e usando discos seus para mesturas en cintas.
Moore foi membro durante pouco tempo da banda de hardcore punk Even Worse, que contaba co futuro editor de The Big Takeover, e tamén futuro batería de Springhouse, Jack Rabid. Despois de saír do grupo, Moore e Lee Ranaldo aprenderon técnicas experimentais de guitarra nas "orquestras" de Glenn Branca.
Sonic Youth
[editar | editar a fonte]Moore e Ranaldo, ao lado de Kim Gordon, formaron ao pouco tempo Sonic Youth. A banda asinou co selo Neutral Records, onde editaron os dous primeiros traballos, posteriormente con Homestead Records por un único disco, e finalmente con SST Records.
Moore e Ranaldo fan un extensivo uso de afinacións de guitarra infrecuentes, acotío modificando considerablemente os seus instrumentos para conseguir distintos sons. Son coñecidos por levar un número considerable de guitarras a cada concerto (superando as 30), usando algunhas delas para unha única canción.
Traballo en solitario
[editar | editar a fonte]Á parte do seu traballo en Sonic Youth, Moore tamén editou álbums en solitario, o primeiro deles titulado Psychic Hearts e lanzado no ano 1995. Colaborou ademais con varios artistas como My Cat is an Alien, DJ Spooky, Nels Cline, William Hooker, Christian Marclay, Loren Mazzacane Connors, R.E.M., Cock E.S.P., e Mike Watt. A mediados dos 90 Moore formou un proxecto paralelo, The Dim Stars, coa lenda do punk Richard Hell. Dende o 2004, Moore gravou e actuou coa banda de noise To Live and Shave in L.A., que tiña a Andrew W.K. na súa formación. Gravou coa banda no antigo estudio de Sonic Youth en Manhattan, e posteriormente actuou con eles no concerto Noise Against Fascism contra Bush, en Washington, D.C.
No 2004 a revista Rolling Stone clasificou a Moore e a Lee Ranaldo, tamén de Sonic Youth, como os 33 e 34 mellores guitarristas de todos os tempos. A súa forma de tocar é moi innovadora e ámbolos dous usan unha gran variedade de técnicas.
Á parte do seu traballo como músico Moore leva o selo independente Ecstatic Peace! e colabora na revista musical Arthur Magazine. Tamén se encarga da web Protest Records, chamada así porque denuncia as leis de piratería na música. En maio do 2005 editou o libro Mix Tape: The Art of Cassette Culture.
O 18 de setembro do 2007 Moore editou o seu segundo álbum en solitario, Trees Outside the Academy, a través do seu propio selo Ecstatic Peace!. O traballo foi gravado no estudio do líder de Dinosaur Jr. J Mascis en Amherst, Massachusetts.
En maio do ano 2011 publicouse o seu terceiro álbum en solitario, Demolished Thoughts, que foi producido por Beck e editado a través do selo Matador Records.
O 14 de outubro do 2011 Kim Gordon e Thurston Moore anunciaban a súa separación despois de 27 anos de matrimonio a través de Matador[3].

Equipamento
[editar | editar a fonte]Moore é coñecido por usar unha gran variedade de guitarras Fender durante os seus concertos. Principalmente toca a Jazzmaster con varios tipos de amplificadores entre os que destacan Vox AC30, Peaveys e Fenders. Tamén usa, con menos frecuencia, unha Jaguar e unha moi modificada Mustang con tres pastillas sinxelas.
Tanto Lee Ranaldo coma Moore, ao igual que Elvis Costello, J Mascis e Kevin Shields son recoñecidos como figuras claves na resurrección e popularización da Fender Jazzmaster. Fender sacou ao mercado no ano 2009 unhas signature edition desta guitarra dos dous guitarrista de Sonic Youth. A de Ranaldo é un modelo azul con dúas pastillas dobres Fender Wide Range, e a de Moore ten dúas pastillas sinxelas Seymour Duncan Antiquity II Jazzmaster e é de cor verde.
Discografía en solitario
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo | 
|---|---|---|
| Psychic Hearts | 1995 | Geffen Records | 
| Trees Outside the Academy | 2007 | Ecstatic Peace! | 
| Demolished Thoughts | 2011 | Matador Records | 
| The Best Day | 2014 | Matador Records[4] | 
| Rock n Roll Consciousness | 2017 | Caroline | 
| By the Fire | 2020 | Cargo Records | 
| Screen Time | 2021 | Southern Lord | 
| Flow Critical Lucidity | 2024 | Daydream Library Series | 
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.rollingstone.com/music/lists/100-greatest-guitarists-of-all-time-19691231/thurston-moore-19691231
- ↑ Dixon, Ken (26 de abril de 2007). "Music Hall of Fame proposed for state". Connecticut Post. Bridgeport, Connecticut: Hearst Newspapers
- ↑ Spin - Kim Gordon and Thurston Moore Announce Split
- ↑ Thurston Moore: The Best Day
 
	

