Thomas Say
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 27 de xuño de 1787 Filadelfia, Estados Unidos de América |
| Morte | 10 de outubro de 1834 Nova Harmonia, Estados Unidos de América (pt) |
| Causa da morte | Febre tifoide |
| Lugar de sepultura | Nova Harmonia (pt) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Historia natural, entomoloxía, conquilioloxía e herpetoloxía |
| Ocupación | botánico, carcinólogo, ornitólogo, escritor, herpetólogo, coleccionista de plantas, explorador, malacólogo, biólogo, entomólogo, zoólogo, coleccionista científico |
| Obra | |
| Abreviación dun autor en botánica | Say |
| Abreviatura do autor en zooloxía | Say |
| Familia | |
| Cónxuxe | Lucy Say |
| Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Indiana Authors and Their Books 1819-1916 |
Thomas Say, nado o 27 de xuño de 1787 en Filadelfia, Pensilvania, e finado o 10 de outubro de 1834 en New Harmony, Indiana, foi un entomólogo, carcinólogo e herpetólogo estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Os seus estudos sobre insectos e crustáceos, as súas numerosas publicacións en revistas científicas e as súas expedicións científicas a Florida, Xeorxia, as Montañas Rochosas, México e outros lugares, convertérono nun naturalista de renome internacional. Say foi chamado o pai da entomoloxía descritiva norteamericana e da carcinoloxía norteamericana.
Exerceu de bibliotecario na Academia de Ciencias Naturais de Filadelfia, conservador da American Philosophical Society e profesor de Historia Natural na Universidade de Pensilvania.