The Offspring
| The Offspring | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||||||||
|
Xénero
| |||||||||||||
|
Composto por
| |||||||||||||
|
Selo discográfico
| |||||||||||||
| Obra | |||||||||||||
|
Discografía
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||
The Offspring, ou simplemente Offspring, é un grupo de música punk rock estadounidense, formado en Huntington Beach (California), no ano 1984. A banda está integrada en 2021 por Bryan Dexter Holland e Noodles (os dous membros desde o principio da banda), e Todd Morse; outros membros foron Ron Welly, Atom Willard, Josh Freese, James Lijla, Jim Benton, Dough Thompson, o baixista Greg K que deixou a banda en 2019 e o percusionista Pete Parada, expulsado en agosto de 2021. Parada padece a doenza de Guillain-Barré (enfermedade do sistema inmunitario que ataca aos nervios), e decidiu non vacinarse da Covid por recomendación médica. Nun comunicado afirmou "Non teño sentimentos negativos cara á miña banda. Están facendo o que cren que é o mellor para eles, mentres eu fago o mesmo" e anunciou que ía colaborar musicalmente coa súa filla.[1] Dexter Holland é doutor en bioloxía molecular cunha tese sobre VIH e ARN.[2]
A banda é acreditada, xunto coas californianas Green Day e Rancid, por revivir o interese masivo polo punk rock nos Estados Unidos durante mediados dos anos 90. O seu último disco é Let the Bad Times Roll, publicado en abril de 2021, e até esa data The Offspring leva editados dez álbums de estudio, un recompilatorio, catro EPs e tres DVDs. Levan vendidos ao redor de 34 millóns de álbums en todo o mundo, sendo unha das bandas de punk rock con máis vendas de todos os tempos. Todos os álbums dende a edición do seu derradeiro traballo con Epitaph Smash venderon un mínimo dun millón de copias.
O 2 de agosto de 2021, o batería Pete Parada anunciou que fora despedido de The Offspring por negarse a vacinarse contra a COVID-19.[3] Nunha entrevista en novembro de 2021, Holland e Wasserman detallaron os "obstáculos" que seguían atopando á hora de considerar o que sería necesario para organizar unha xira cun membro do grupo non vacinado, e afirmaron que a decisión se tomou "polo momento"[4]; Non obstante, en agosto de 2021, Pete Parada anunciou que fora despedido non só da xira senón tamén do estudo.



Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| The Offspring | 1989 | Nemesis Records, Nitro Records |
| Ignition | 1992 | Epitaph Records |
| Smash | 1994 | Epitaph Records |
| Ixnay on the Hombre | 1997 | Columbia Records, Epitaph Records |
| Americana | 1998 | Columbia Records |
| Conspiracy of One | 2000 | Columbia Records |
| Splinter | 2003 | Columbia Records |
| Rise and Fall, Rage and Grace | 2008 | Columbia Records |
| Days Go By | 2012 | Columbia Records |
| Let the Bad Times Roll | 2021 | Concord Records |
| Supercharged | 2024 | Concord Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O batería Pete Parada, fóra de The Offspring por causa da vacina". Consequence.net.
- ↑ "Entrevista a Dexter Holland". Reocities. Archived from the original on 15-12-2013. Consultado o 4-8-2021.
- ↑ "https://twitter.com/peteparada/status/1422226668895326209". Twitter. Consultado o 2022-01-05. Ligazón externa en
|title=(Axuda) - ↑ Pingitore, Silvia (2021-11-07). "Interview with The Offspring: Dexter and Noodles talk punk again". the-shortlisted.co.uk (en inglés). Consultado o 2022-01-05.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: The Offspring |