Saltar ao contido

LaSiete

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Telecinco 2»)
 LaSiete
 Instancia de
Implicados
 Propietario/a
Datas
 Fundación / creación
2008 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Identificadores
Freebase/m/047q6z8 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: lasietetv Twitter: laSiete_tv Editar o valor en Wikidata
Wikidata

LaSiete foi unha canle de televisión española privada da TDT, de ámbito nacional, que emitía en dixital e operada por Mediaset España. Comezou as súas emisións o 18 de febreiro de 2009, substituíndo na súa frecuencia a Telecinco 2.[1] A canle cesou as súas emisións o 5 de maio do 2014.

LaSiete iniciou as súas emisións o 18 de maio de 2009 cando Telecinco, nunha acción de posición no dial da TDT, (como xa fixera Veo TV co 7, ou Antena 3 con Antena.Neox e Antena.Nova posicionándoos no 8 e no 9) Telecinco 2 cambiou o seu nome polo de LaSiete para situar a súa segunda canle no dial 7 do mando a distancia.

En LaSiete emítense programas e series de produción propia (La pecera de Eva) ademais de reposicións de Telecinco, (Gran Hermano, Operación Triunfo, Supervivientes, Sálvame) programas adquiridos de canles estranxeiras (Fear Factor), series online de Telecinco (Becari@s) etc.

A canle cesou as súas emisión o 5 de maio do 2014, como consecuencia dunha sentenza xudicial do Tribunal Supremo que anulou a concesión de nove canles da TDT, debido a que foron outorgadas sen o preceptivo concurso público que rexe a Lei Audiovisual.[2][3][4]

Imaxe corporativa

[editar | editar a fonte]
2009 - 2012 2012 - 14 de febreiro de 2014

Audiencias

[editar | editar a fonte]

Evolución da cota de pantalla mensual, segundo as medicións de audiencia elaborados en España por TNS.[5] Están en letra grosa e vermello os meses en que foi líder de audiencia.

Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Media anual
2009 - - - - 0,4%**
[6]
0,5% 0,5% 0,8% 0,9% 1,0% 0,9% 0,8% 0,8%
2010 0,9% 1,1% 1,0% 1,2% 1,4% 1,4% 1,5% 1,6% 1,4% 1,6% 1,7% 1,6% 1,4%
2011 1,4% 1,3% 1,4% 1,5% 1,6% 1,7% 1,8%* 1,6% 1,4% 1,5% 1,5% 1,4% 1,5%
2012 1,4% 1,4% 1,6% 1,6% 1,5% 1,3% 1,4% 1,4% 1,4% 1,3% 1,2% 1,2% 1,4%[7]
2013 1,1% 1,1% 1,2% 1,2% 1,2% 1,2% 1,1% 1,2% 1,2% 1,2% 1,3% 1,2% 1,2%
2014 1,2%

* Máximo histórico | ** Mínimo histórico