Saltar ao contido

TV Tokyo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 TV Tokyo
 Instancia de
 Lista do elemento
 Nome oficial
株式会社テレビ東京
株式会社東京12チャンネル
日本科学技術振興財団テレビ局 Editar o valor en Wikidata
 Alcume
テレ東 Editar o valor en Wikidata
 Forma xurídica
 Número da canle
Implicados
 Propietario/a
 Mascota
Nanana (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organizacións
 Matriz
 Ten en propiendade
U-NEXT (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Afiliación
TXN Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
12 de abril de 1964
1 de outubro de 1973 Editar o valor en Wikidata
Recoñecemento
 Premios
 Nomeamentos
Localización
 País
Identificadores
VIAF135304767 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000123666874 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02hmvw Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Webcast
Facebook: tvtokyo.pr Twitter: TVTOKYO_PR Instagram: tvtokyo_pr Youtube: UCrDj5t8Q9ZFSGft7a3PWl9g TikTok: tvtokyo_pr Last fm: テレビ東京 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

TV Tokyo Corporation (株式会社テレビ東京 Kabushiki Gaisha Terebi Tōkyō?) é unha canle de televisión comercial de ámbito nacional xaponés que transmite dende Tokyo. Foi fundada en 1964, e o seu principal accionista de referencia é o xornal Nihon Keizai Shimbun, sendo a canle principal da rede de emisoras TX Network (TXN).

A canle, que tamén se coñece popularmente como Teleto (テレ東 Teretō?), é a máis pequena das canles de televisión nacionais que emiten dende Tokyo, e salienta pola alta presenza do anime na súa programación.

Oficina principal de TV Tokyo en Minato (Tokyo).
Vista aérea das oficinas de TV Tokyo en Minato, Tokyo.

A emisora comezou as súas transmisións o 12 de abril de 1964, como unha canle educativa posta en marcha pola Japan Science Promotion Foundation. Durante os seus primeiros anos realizaba emisións de poucas horas e con programas especializados, aínda que en 1968 comezou a transmitir programas en cor.

O 1 de xullo de 1968 a canle pasou a denominarse "Tokyo Channel 12 Production Limited". Máis tarde, o xornal Nihon Keizai Shimbun decide comprar a canle, e tentará convertela nunha emisora xeneralista.

En outubro de 1973 a canle pasa a chamarse "Tokyo Channel 12" e afronta unha transición a canle de carácter xeneralista e comercial coa posta en marcha de novos espazos e realizando unha ampliación de capital.

En 1981, pasa a chamarse "Television Tokyo Channel 12", e en 1983 a canle forma unha rede de emisoras chamada Mega TON Network, actual TXN, na que tamén entraron TV Osaka e TV Aichi e que contaría con TV Tokyo como emisora principal.

En decembro de 1985 TV Tokyo traslada as súas oficinas principais de Shibakoen a Toranomon (Minato, Tokyo).[1]

O logotipo actual de TV Tokyo empezouse a utilizar dende o 1 de outubro de 1998. O 12 de decembro de 1999, inaugúrase o segundo estudio situado en Tennozu. No ano 2000 emprega o uso do formato HDTV na maioría dos seus programas.

O 25 de xaneiro de 2003, o nome da canle cambiouse de novo a "TV Tokyo Corporation". Os seus accionistas de referencia son o xornal Nihon Keizai Shimbun e Mainichi Broadcasting System.

O 24 de xullo de 2011 deixou de transmitir de forma analóxica.

  1. "Corporate Data Arquivado 30 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine.." TV Tokyo. Consultado o 21 de xuño de 2010.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]