Saltar ao contido

Stable Diffusion

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stable Diffusion
 Epónimo
 Uso
 Medio usado
Produción
 Versións
2.1 versión estábel (7 de decembro de 2022)
0.0.1 versión estábel (22 de xuño de 2023)
2 versión estábel
SDXL 1.0 versión estábel (26 de xullo de 2023)
3.5 (23 de outubro de 2024)
3 (22 de febreiro de 2024) Editar o valor en Wikidata
 Licenza
Características
 Sistema operativo
 Linguaxe de programación
Datas e cronoloxía
 Creación
22 de agosto de 2022 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Repositorio
Wikidata C:Commons

Stable Diffusion é un modelo de aprendizaxe automática de texto a imaxe publicado no 2022. Desenvolvido por StabilityAI, en colaboración con EleutherAI e LAION [1], para xerar imaxes dixitais a partir de descricións en linguaxe natural introducidas polo usuario. O modelo tamén se pode usar para outras tarefas, como xerar traducións de imaxe a imaxe guiadas por unha solicitude de texto.[2]

Pode funcionar na maioría do hardware de consumo equipado cunha GPU modesta e PC World aclamaba como "a próxima killer app (aplicación asasina) para o teu PC".[3]

A diferenza de modelos da competencia como DALL-E, Stable Diffusion fai que o seu código fonte estea dispoñible.[4] A súa licenza prohibe certos casos de uso prexudicial.[5][6] Os críticos expresaron preocupacións sobre a ética da IA, afirmando que o modelo pode usarse para crear deepfakes[7] e tamén cuestionaron a legalidade de xerar imaxes cun modelo adestrado nun conxunto de datos que contén contido protexido por dereitos de autor sen o consentimento dos artistas orixinais.[8]

Adestramento

[editar | editar a fonte]

Stable Diffusion adestrouse nun subconxunto do conxunto de datos LAION-Aesthetics V2.[9] Adestrouse usando 256 GPU Nvidia A100 cun custo de 600.000 dólares.[10]

Nos primeiros meses as imaxes dun astronauta montando un cabalo foron moi icónicas, xa que o software non entendía os prompts (enunciados) de "un cabalo montado a un astronauta", e sempre o interpretaba como a imaxe máis obvia (o astronauta montando ao cabalo).[11]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]