Sabaton
| Sabaton | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Epónimo
| |||||||||||
|
Xénero
| |||||||||||
|
Composto por
Tommy Johansson (2016 - 2024)
Hannes Van Dahl (2013 - ) Robban Bäck (en) Thorbjörn Englund (en) Chris Rörland (pt) Daniel Myhr (en) Daniel Mullback (en) Oskar Montelius (en) Pär Sundström (1999 - ) Rikard Sundén (en) Joakim Brodén (1999 - ) | |||||||||||
|
Selo discográfico
| |||||||||||
| Obra | |||||||||||
|
Discografía
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Premios | |||||||||||
|
Premios
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
Sabaton é unha banda sueca de heavy metal procedente de Falun. Os temas líricos principais do grupo baséanse na guerra, batallas históricas e actos de heroísmo:[1] o nome é unha referencia a un escarpe (en inglés "sabaton"), peza da armadura que servía para protexer o pé. O tema de armaduras e batallas pode escoitarse nos álbums Primo Victoria, The Art of War, Coat of Arms, Carolus Rex, Heroes e The Last Stand, nos cales todos os seus temas teñen eses motivos agás os temas de peche, que son cancións tributo a influentes bandas de heavy metal. O contido lírico que procede das dúas guerras mundiais e doutros conflitos históricos é frecuente e as letras adoitan a recitar historias de feitos heroicos realizados por homes e exércitos.
En decembro de 2015 cinco cancións da banda foron engadidas ao terceiro paquete de música externa para o xogo de estratexia Europa Universalis IV.[2]
O 6 de xuño de 2016, no 72 aniversario do Desembarco de Normandía, Sabaton publicou un paquete de música para o xogo Hearts of Iron IV, con cancións baseadas na segunda guerra mundial, a temática do xogo.[3] A banda publicou un segundo paquete o 26 de xaneiro de 2017.[4]
Discografía
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Primo Victoria | 2005 | Black Lodge Records |
| Attero Dominatus | 2006 | Black Lodge Records |
| Metalizer | 2007 | Black Lodge Records |
| The Art of War | 2008 | Black Lodge Records |
| Coat of Arms | 2010 | Nuclear Blast |
| Carolus Rex | 2012 | Nuclear Blast |
| Heroes | 2014 | Nuclear Blast |
| The Last Stand | 2016 | Nuclear Blast |
| The Great War | 2019 | Nuclear Blast |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Facts Over Fiction: Interview with Joakim Brodén From Sabaton". California Rock News. Consultado o 23 de setembro de 2018.
- ↑ "Europa Universalis IV: Sabaton Soundtrack". Steam. Consultado o 24 de setembro de 2018.
- ↑ "Music - Hearts of Iron IV: Sabaton Soundtrack". Steam. Consultado o 24 de setembro de 2018.
- ↑ "Music - Hearts of Iron IV: Sabaton Soundtrack Vol. 2". Steam. Consultado o 24 de setembro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sabaton |