Saltar ao contido

Proxecto Yocto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Proxecto Yocto
Persoas e organizacións
 Fundador/a
Produción
 Versións
4.3 (outubro de 2023)
2.7 (abril de 2019)
3.0 (outubro de 2019)
2.6 (novembro de 2018)
2.4 (outubro de 2017)
2.5 (abril de 2018)
2.3 (abril de 2017)
3.1 (abril de 2020)
3.3 (abril de 2021)
4.1 (setembro de 2022)
3.2 (novembro de 2020)
4.0 (abril de 2022)
3.4 (novembro de 2021)
4.2 (abril de 2023)
2.2 (outubro de 2016)
2.0 (outubro de 2015)
1.1 (outubro de 2011)
1.2 (abril de 2012)
1.0 (2011)
0.9 (2010)
2.1 (abril de 2016)
1.3 (outubro de 2012)
1.5 (outubro de 2013)
1.8 (abril de 2015)
1.4 (abril de 2013)
1.7 (outubro de 2014)
1.6 (abril de 2014)
5.0 Editar o valor en Wikidata
Datas e cronoloxía
 Publicación
marzo de 2011 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata
ProxectoYocto

O Proxecto Yocto é unha plataforma Linux embebida en placas de hardware, como dispositivos IoT ou da automoción autónoma, coa capacidade de xerar un sistema integrado baseado en Linux, adaptado ás características específicas do proxecto. Yocto permite xestionar os fluxos de traballo e o uso das licenzas dentro do sistema.

Historia do proxecto

[editar | editar a fonte]

O proxecto foi anunciado pola Fundación Linux en 2011.[1] O traballo comprende a base dun código aberto, xestionado pola Fundación, soporta múltiples arquitecturas, incluíndo x86 (32/64 bits), PPC, ARM e MIPS. A compatibilidade co número de placas do mercado crece grazas ao engadido de capas de soporte desde os fabricantes, como Texas Instruments ou outros.

Yocto integra partes desenvolvidas conxuntamente para OpenEmbedded, incluíndo BitBake, OpenEmbedded-Core e outros metadatos. Os compoñentes desenvolvidos no marco do proxecto, coñecidos coma "meta-yocto" e "meta-yocto-bsp", inclúen a integración con eclipse. Combinados, melloran as ferramentas do OpenEmbedded, esta plataforma de referencia para construír sistemas avanzados embebidos en HW é coñecida como Poky.

Para desenvolver software, precisamos unha cadea de ferramentas (cruzada): os arquivos fonte e instrucións sobre como compilalos. Iso é suficiente para unha soa fonte. Para máis compoñentes e dependencias en tempo de compilación e execución, increméntase a complexidade e son precisos pasos adicionais. Bitbake é un axente con capacidade de interpretación e execución das receitas de mellora, calcula a cadea de tarefas que se precisan para desenvolver o obxectivo definido e execútao.

Configuración

[editar | editar a fonte]

Para comezar con Yocto, o usuario debe crear un novo contorno de proxecto e editar o arquivo "conf/local.conf" para elixir a placa de destino a través da variábel "MACHINE" antes de simplemente executar "bitbake" seguido dun destino como "bitbake core-image-minimal". A capacidade de modificación de Yocto é moi alta, permite incluír metadatos nunha capa da parte superior da pila de capas existente (OE-Core + meta-yocto + meta-yocto-bsp). Por exemplo ao estender un arquivo da receita, que se nomea por convención coa extensión ".bb" (como en, «ola.bb») faise engadindo un arquivo co mesmo nome e a extensión ".bbappend" (por exemplo, "ola.bbappend").

Isto reduce drasticamente o traballo de mantemento, posto que os integradores de sistemas só teñen que realizar un seguimento de pequenas modificacións ao arquivo .bbappend en lugar da copia completa. Entón, as actualizacións de mantemento dos proxectos upstream hérdanse reconstruíndo a imaxe sen necesidade de editar ningún arquivo de metadatos. Isto supón unha vantaxe que xustifica os ciclos de traballo adicionais que se precisan para crear un pequeno arquivo «.bbappend».

Para poder executar «poky«, a plataforma de referencia do Proxecto Yocto, precísase unha máquina que execute Linux, con 80 GB de espazo libre en disco duro.

Yocto é robusto e seguro, provendo as compañías con capacidade extra para ser donas da tecnoloxía que desenvolvan mediante Yocto.

  1. "en "Yocto"". Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2021. Consultado o 08 de abril de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • González, A. (2015). Embedded Linux Projects Using Yocto Project Cookbook. UK: Packt.