Proba-3
| Proba-3 | |||
|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||
|
Parte de
| |||
|
Composto por
| |||
| Persoas e organizacións | |||
|
Operador/a
| |||
| Datas e cronoloxía | |||
|
Precedido por
| |||
| Localización | |||
| |||
| Fontes e ligazóns | |||
|
Páxina WEB
| |||
| Wikidata C:Commons |
A Misión PROBA-3 da ESA é unha misión espacial que pretende probar a operación de satélites en formación, na procura de medios para operar no espazo misións que requiren de grandes dimensións, que non poden ser soportadas por unha única nave.[1] Prepara así misións multisatélites operando como unha única estrutura virtual.

Está formada por dous satélites, Coronagraph e Occulter, que manterán a formación cunha precisión duns poucos milímetros e segundos de arco a distancias de 144 m ou máis por máis de seis horas cada vez no apoxeo, o que farán de xeito autónomo, sen guía dende Terra.
O seu lanzamento está previsto para 2024. A súa órbita será moi elíptica, de 600 km x 60 530 km cunha inclinación duns 59 º .
Fará observacións científicas usando un coronógrafo solar xigante que bloqueará a luz cegadora do disco solar para ter vista continua da coroa solar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Proba-3 Mission". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2023-06-20.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial
- eoPortal PROBA-3 page Arquivado 30 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine.