Posidonio
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (grc) Ποσειδώνιος 135 a. C. Apamea, Siria |
| Morte | 51 a. C. Roma, Italia |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Filosofía, filosofía grega e estoicismo |
| Ocupación | matemático, escritor, físico, filósofo, astrónomo, historiador, xeógrafo |
| Período | Período helenístico |
| Movemento | Estoicismo |
| Profesores | Panecio de Rodas |
| Alumnos | Atenodoro Cananita e Xasón de Nisa |
| Influencias | |
| Familia | |
| Parentes | Menecrates, xenro Xasón de Nisa, neto |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Granat Реальный словарь классических древностей по Любкеру, 1885 |
Posidonio (en grego Ποσειδώνιος), nado ca. 135 a.C. e finado en 51 a.C., foi un político, astrónomo, xeógrafo, historiador e filósofo estoico grego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha familia grega en Apamea, unha cidade romana sobre o río Orontes, no norte de Siria. Estudou en Atenas con Panecio, cabeza da escola estoica. Arredor do 95 a.C. asentouse en Rodas, o centro intelectual grego da época, onde participou na vida pública e foi embaixador en Roma (87-86 a.C.). Posidonio foi un dos intelectuais gregos que vían a Roma como un poder estabilizador nun mundo turbulento, e as súas conexións coa clase gobernante romana servíronlle para as súas exploracións xeográficas: viaxou por Grecia, Hispania, África, Italia, Sicilia, Dalmacia, Galia, Liguria... Posidonio describe o mundo bárbaro, en especial os celtas da Galia.
Consérvanse, por mediación de Estrabón, breves referencias de Posidonio a Gallaecia, centradas na súa riqueza mineira.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Posidonio |