Orangután
| Orangután | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Pongo Bernard-Germain de Lacépède 1799 | |||||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||||
|
Categoría taxonómica
| |||||||||||||
|
Tipo taxonómico
| |||||||||||||
|
Taxon superior
| |||||||||||||
|
Subdivisións
| |||||||||||||
|
Sinonimia
| |||||||||||||
|
Composto por
| |||||||||||||
| Características | |||||||||||||
|
Fonte de alimentación
| |||||||||||||
| Distribución | |||||||||||||
| Dimensións | |||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||
| Reino | Animalia | ||||||||||||
| Filo | Chordata | ||||||||||||
| Clase | Mammalia | ||||||||||||
| Orde | Primates | ||||||||||||
| Familia | Hominidae | ||||||||||||
| Subfamilia | Ponginae | ||||||||||||
| Xénero | Pongo | ||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||
Os orangutáns[1] (tamén chamados orang-utan) son dúas especies de grandes monos con brazos longos e pelo de cor avermellada, ás veces marrón. Ambas as dúas especies son nativas de Malaisia e de Indonesia. O nome orangután vén do malaio orang hutan, significando "home do bosque". Son a única especie existente do xénero Pongo e subfamilia Ponginae, aínda que a subfamilia tamén inclúe o extinto Gigantopithecus e xénero Sivapithecus.
Os orangutáns son os máis arbóreos dos grandes monos, pasando case todo o seu tempo nas árbores, facendo nelas novos niños cada noite. Soamente se atopan nos bosques húmidos das illas de Borneo e Sumatra. Estas dúas pequenas e illadas poboacións clasificáronse como subespecies ata recentemente, que se elevaron de nivel. Desde 1996 clasificábanse en dúas especies: o orangután de Borneo P. pygmaeus, con tres subespecies, e o orangután de Sumatra P. abelii. En 2017 distinguiuse unha terceira especie, P. tapanuliensis, que vive nunha zona de Sumatra. As tres subespecies do orangután de Borneo son: P. p. pygmaeus no noroeste, P. p. morio no leste , e P. p. wurmbii no suroeste.
Os orangutáns están en gran perigo de extinción, debido á destrución do seu hábitat.
Como os outros grandes simios, son notablemente intelixentes, usando ferramentas acotío; publicáronse probas no xornal Science.
Só son feros cos seus conxéneres; son animais solitarios e feramente territoriais.
Entre os principais centros de conservación, destacan os de Borneo de Semenggok en Sarawak, e Sepilok preto de Sandakan en Sabah.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para orangután.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Orangután |
| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Orangután |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Orangutan Foundation International
- AZA's Orangutan Conservation Education Center
- Orangutan Language Project Arquivado 18 de marzo de 2009 en Wayback Machine.
- The Orangutan Foundation
- Orangutan Land Trust
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |