POSIX
| POSIX | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
POSIX (acrónimo de Portable Operating System Interface, «Interface de Sistema Operativo Portátil para Unix»),[1] en ciencias da computación, indica a familia de estándares definidos pola IEEE, formalmente chamados IEEE 1003. O nome do estándar internacional é ISO/IEC 9945.[2]
O termo foi acuñado por Richard Stallman en resposta á solicitude de IEEE dun nome fácil de memorizar. O propósito do estándar POSIX é definir algúns conceptos básicos que se deben seguir ao desenvolver un sistema operativo.[3][4][5]
Versións
[editar | editar a fonte]POSIX consistía orixinalmente nun único documento para os servizos principais, pero co tempo publicáronse documentos adicionais para ampliar e revisar a especificación. Antes de 1997, POSIX comprendía varios documentos que se publicaron ao longo de varios anos. Despois de 1997, o Austin Group produce especificacións tituladas Single UNIX Specification (SUS). Co tempo, o grupo publica versións desta especificación e, posteriormente, POSIX é modificado para incluír algunhas ou todas as versións de SUS. Unha versión SUS consiste nunha colección de volumes (cada un para unha agrupación de comportamentos requiridos) ademais doutra información (fóra dun volume).[6] A cada volume asígnaselle un número de edición que é o mesmo para cada volume dunha versión, pero non é o mesmo valor que a versión. Por exemplo, SUS versión 3 (SUSv3) inclúe volumes etiquetados como número 6.
A partir de 2014, a documentación de POSIX está dividida en dúas partes:
- POSIX.1, Edición de 2013: definicións básicas de POSIX, interfaces de sistema e comandos e utilidades (que inclúen POSIX.1, extensións para POSIX.1, servizos en tempo real, interface de fíos, extensións en tempo real, interface de seguridade, acceso a ficheiros de rede e comunicacións de rede de proceso a proceso, extensións de portabilidade de usuario, correccións e extensións, utilidades de protección e control e utilidades do sistema por lotes. Trátase de POSIX 1003.1-2008 coa corrección técnica 1.)
- Probas de conformidade POSIX: un conxunto de probas para POSIX acompaña o estándar, VSX-PCTS ou o VSX POSIX Conformance Test Suite («conxunto de probas de conformidade VSX POSIX»).[7]
Conformidade
[editar | editar a fonte]Un sistema operativo pódese clasificar segundo o seu grao de conformidade cun estándar POSIX.
Certificado
[editar | editar a fonte]As versións actuais dos seguintes sistemas operativos foron certificadas para cumprir un ou máis dos distintos estándares POSIX. Isto significa que superaron as probas de conformidade automatizadas,[8] que a súa certificación non caducou e que o sistema operativo non foi descontinuado.[9][10]
Anteriormente certificado
[editar | editar a fonte]Algunhas versións dos seguintes sistemas operativos foron certificadas para cumprir un ou máis dos distintos estándares POSIX. Isto significa que superaron as probas de conformidade automatizadas. A certificación caducou e algúns dos sistemas operativos foron descontinuados.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definición de POSIX no Dicionario Galego das TIC.
- ↑ "IEEE/Open Group Standard for Information Technology--Portable Operating System Interface (POSIX™) Base Specifications, Issue 8". IEEE.org (en inglés). Consultado o 2025-12-27.
- ↑
"POSIX™ 1003.1 Frequently Asked Questions (FAQ Version 1.18)" (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2021.
The name POSIX was suggested by Richard Stallman. It is expected to be pronounced pahz-icks, as in positive, not poh-six, or other variations. The pronunciation has been published in an attempt to promulgate a standardized way of referring to a standard operating system interface. (O nome POSIX foi suxerido por Richard Stallman. Espérase que se pronuncie pahz-icks, como en positivo, non poh-sis ou outras variacións. A pronunciación publicouse nun intento de promulgar unha forma estandarizada de referirse a unha interface de sistema operativo estándar.)
- ↑ Seth Kenlon (Red Hat) (15 de xullo 2019). "What is POSIX?" (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2021.
- ↑ Mark G. Sobell (2003). A Pratical Guide to Red Hat Linux 8 (en inglés). Boston: Addison-Wesley. ISBN 0201703130.
- ↑ PASC Status (including POSIX) (Informe) (en inglés). IEEE Computer Society. 4 de decembro de 2003. Consultado o 26 de setembro de 2024.
- ↑ "Test Suites VSX-PCTS2003" (en inglés). The Open Group.
- ↑ "POSIX Certified by IEEE and The Open Group - Program Guide" (en inglés). Section 2, How to Achieve Certification. Consultado o 26 de setembro de 2024.
- ↑ 9,0 9,1 "POSIX Certified by IEEE and The Open Group - Program Guide" (en inglés). Section 4, Renewals and Certified Product Updates. Consultado o 26 de setembro de 2024.
- ↑ "Certified Products by Company" (en inglés). The Open Group. n.d. Consultado o 22 de xaneiro de 2022.
- ↑ 11,0 11,1 "IBM" (en inglés). The Open Group. Consultado o 23 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Hewlett-Packard" (en inglés). The Open Group. Consultado o 26 de xaneiro de 2014.
- ↑ 13,0 13,1 "POSIX Certification Register". The Open Group (en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2024.
- ↑ "macOS version 10.5 Leopard on Intel-based Mac computers". Register of Open Branded Products (en inglés). The Open Group. Consultado o 20 de maio de 2015.
- ↑ "macOS version 26.0 Tahoe on Intel-based Mac computers" (en inglés). The Open Group. Consultado o 5 de outubro de 2025.
- ↑ "macOS version 26.0 Tahoe on Apple Silicon-based Mac computers" (en inglés). The Open Group. Consultado o 5 de outubro de 2025.
- ↑ "SCO OpenServer Release 5" (en inglés). The Open Group. 3 de maior de 1995. Consultado o 24 de decembro de 2021.
- ↑ "UnixWare ® 7.1.3 and later" (en inglés). The Open Group. 16 de maio de 2003. Consultado o 24 de decembro de 2021.
- ↑ "Huawei Technology Co., Ltd" (en inglés). The Open Group. Consultado o 26 de maio de 2017.
- ↑ "Inspur Co., Ltd" (en inglés). The Open Group. Consultado o 26 de maio de 2017.
- ↑ "Silicon Graphics, Inc." (en inglés). The Open Group. Consultado o 26 de xaneiro de 2014.
- ↑ "The Open Brand - Register of Certified Products". Open Group (en inglés). 23 de xullo de 2003. Arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2003. Consultado o 23 de xaneiro de 2022.
- ↑ "QNX Achieves New POSIX Certification" (Nota de prensa) (en inglés). QNX. 8 de abril de 2008. Consultado o 16 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Oracle Corporation" (en inglés). The Open Group. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2017. Consultado o 26 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Hewlett-Packard" (en inglés). The Open Group. Arquivado dende o orixinal o 9 de xullo de 2014. Consultado o 26 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Huawei LiteOS / LiteOS". Gitee (en inglés). Huawei. Consultado o 23 de maio de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: POSIX |
- "The Open Group Base Specifications Issue 8, 2024 edition IEEE Std 1003.1™-2024" (en inglés). The Open Group/IEEE.
- "Páxina de POSIX Certification" (en inglés). The Open Group/IEEE.