NASDA, acrónimo de National Space Development Agency of Japan (宇宙開発事業団, Uchū Kaihatsu Jigyōdan, Axencia Nacional de Xapón para o Desenvolvemento do Espazo) foi unha axencia espacial do Xapón fusionada máis tarde co NAL e a ISAS para formar a JAXA.[1][2]
A NASDA foi fundada o 1 de outubro de 1969 baixo a Lei da Axencia Nacional de Desenvolvemento do Espazo con propósitos pacíficos. Baseado no programa de desenvolvemento espacial promulgado polo Ministerio de Educación, Cultura, Deportes, Ciencia e Tecnoloxía, a NASDA foi responsable do desenvolvemento de satélites e vehículos de lanzamento, así como da súa operación.[1][2]
Os primeiros foguetes da NASDA, como o N-1, o N-2 e o H-I, baseáronse polo menos parcialmente en tecnoloxía licenciada dos Estados Unidos, en particular dos foguetes Delta. O H-II foi o primeiro foguete de propelente líquido desenvolvido completamente no Xapón. Hideo Shima, enxeñeiro xefe do proxecto Shinkansen orixinal, foi xefe da NASDA entre 1969 e 1977.[1][2]
O 1 de outubro de 2003 a NASDA fusionouse co ISAS e co NAL para formar a axencia JAXA. En 1992 a NASDA enviou ao primeiro astronauta xaponés que voou nunha misión do transbordador espacial (STS-47, do transbordador espacial Endeavour), Mamoru Mohri, para facer experimentos a bordo do Spacelab-J, un laboratorio colaboración do Xapón e os Estados Unidos.[1][2]
↑ 1,01,11,21,31,4Hideo Shima (outubro de 1994). Japan Railway & Transport Review, ed. "Birth of The Shinkansen"(PDF)(en inglés). Consultado o 13 de xullo de 2023.