Metropolis
| Metropolis | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Parte de
| |||||||||||
|
Movemento
| |||||||||||
|
Lingua orixinal
| |||||||||||
|
Cor
| |||||||||||
|
Formato de imaxe
| |||||||||||
| Autoría | |||||||||||
|
Director/a
| |||||||||||
|
Compositor/a
| |||||||||||
|
Guionista
| |||||||||||
|
Director/a fotografía
| |||||||||||
|
Editor/a de cine
| |||||||||||
|
Deseñador/a produción
| |||||||||||
|
Escenógrafo/a
| |||||||||||
|
Actores
Alfred Abel (pt)
Helene Weigel Curt Siodmak (en) Erwin Biswanger (pt) Ilse Stanley Georg John Hanns Leo Reich (pt) Olaf Storm (pt) Rose Liechtenstein (pt) Helen von Münchhofen (en) Max Dietze (en) Fritz Alberti Grete Berger Brigitte Helm Gustav Fröhlich (pt) Rudolf Klein-Rogge Rolf von Goth Fritz Rasp Heinrich George Theodor Loos (pt) Margarete Lanner (pt) Heinrich Gotho (pt) Arthur Reinhardt | |||||||||||
| Temática | |||||||||||
|
Inspirado en
| |||||||||||
|
Baseado en
| |||||||||||
|
Época ambientación
| |||||||||||
| Publicación | |||||||||||
|
Produtor/a
| |||||||||||
|
Compañía produtora
| |||||||||||
|
Distribuidor/a
| |||||||||||
|
Custo
| |||||||||||
|
Formato de distribución
| |||||||||||
|
Edicións
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
Metropolis é un filme mudo de ciencia ficción de Fritz Lang, rodada en Alemaña en 1927. Está considerada como a máis sobranceira representante do expresionismo no eido cinematográfico. Producido nos Babelsberg Studios por UFA, trátase dunha longametraxe de ciencia ficción cuxa trama se desenvolve nunha distopía urbana futurista. É considerado o pioneiro dos filmes de ciencia ficción, sendo a primeira longametraxe deste xénero.[1] Ademais, é un dos máximos expoñentes do expresionismo alemán nas artes cinematográficas.
O guión foi escrito por Fritz Lang e a súa muller Thea von Harbou, inspirándose nunha novela de 1926 da propia Von Harbou. Protagonizárono Brigitte Helm, Gustav Fröhlich, Alfred Abel e Rudolf Klein-Rogge.
Metropolis é un dοs poucos filmes considerados Memoria do Mundo pola Unesco (outros son os filmes documentais dos irmáns Lumière, Los olvidados, dirixida por Luis Buñuel de 1950 e The Wizard of Oz de Victor Fleming de 1939). Foi o primeiro en posuír esta categoría, amparado na vívida encarnación de toda a sociedade, e na profundidade do seu contido humano e social.
Feito en Alemaña durante a República de Weimar, Metropolis segue os intentos de Freder, o fillo do gobernante da cidade, e Maria, cuxo pasado non é explicado no filme, por superar o abismo que os separa nunha sociedade clasista. Metropolis foi rodada en 1925, e tivo un custo aproximado de 5 millóns de Reichsmarks.[2] Así, foi o filme máis caro daquela época.[3]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Nunha megalópole do ano 2026, os obreiros viven recluídos nun gueto subterráneo, onde se atopa o corazón industrial da cidade e do que non poden saír. Pero, incitados por un robot, rebélanse contra a clase intelectual que ten o poder e ameazan con destruír a cidade exterior. Freder (Gustav Fröhlich), o fillo do soberano de Metropolis, e María, unha rapaza de orixe humilde, intentarán evitar a destrución apelando ós sentimentos e ó amor.
Personaxes
[editar | editar a fonte]
- Alfred Abel como Joh Fredersen, o líder da cidade.
- Gustav Fröhlich como Freder, fillo de Fredersen, quen trata de mediar entre a elite e os traballadores.
- Brigitte Helm como Maria.
- Rudolf Klein-Rogge como C. A. Rotwang, un científico tolo.
- Heinrich George como Grot.
- Fritz Rasp como "Der Schmale" ("The Thin Man").
- Theodor Loos como Josaphat.
- Erwin Biswanger como 11811 - Georgy, o traballador con quen Freder troca os papeis.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ SciFi Film History - Metropolis (1927) Arquivado 10 de outubro de 2017 en Wayback Machine. - Although the first science fiction film is generally agreed to be Georges Méliès' A Trip To The Moon (1902), Metropolis (1926) is the first feature length outing of the genre. (scififilmhistory.com, retrieved 15 May 2013)
- ↑ Hahn, Ronald M. / Jansen, Volker: Die 100 besten Kultfilme. Heyne Filmbibliothek, München 1998, ISBN 3-453-86073-X, S. 396 (German)
- ↑ "Total Sci-Fi Online". Time Tunnel: Metropolis. Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2009. Consultado o 13 de agosto de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Metropolis |
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Box Office Mojo (en inglés)