Mar de Chukchi
| Tipo | mar | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Parte de | Océano Ártico | ||||
| Localización | |||||
| País da cunca | Rusia | ||||
| |||||
| Afluentes | Amguema (en) | ||||
| Características | |||||
| Profundidade | 1.256 m | ||||

O mar de Chukchi (en ruso Чуко́тское мо́ре Txukótskoie more, en inglés Chukchi Sea) é a parte do océano Ártico situada entre Chukotka (no extremo oriental de Asia) e Alasca (no extremo occidental de América). O estreito de Bering, no sur, conéctao co mar de Bering e co océano Pacífico. Ao oeste, limita co mar de Siberia Oriental e a illa de Wrangel, e ao leste confúndese co mar de Beaufort.
Ten unha superficie aproximada de 595.000 km² e só é navegable uns catro meses ao ano. Máis da metade do mar de Chukchi (un 56%) ten unha profundidade inferior aos 50 m.
Este mar chámase así polos chukchis, que viven nas súas costas. A rexión do extremo oriental de Siberia de onde é orixinario este pobo chámase Chukotka.
O porto principal é Uelen, no estreito de Bering.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar de Chukchi |
