Lorca
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Rexión de Murcia | ||||
| Capital de | |||||
| Capital | Lorca | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 98.969 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 1.676 km² | ||||
| Bañado por | Mar Mediterráneo e Río Guadalentín | ||||
| Altitude | 353 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Día festivo | |||||
| Santo padrón | Clemente I | ||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Francisco Jódar Miguel Navarro Molina (1993–2006) Leoncio Collado Rodríguez (2006–2007) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 30800 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 30024 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | lorca.es | ||||
Lorca é unha cidade e concello español da Rexión de Murcia situado no sueste da Península Ibérica. Pertence á comarca do Alto Guadalentín. Ten 92.869 habitantes (INE 2011), sendo a terceira cidade en poboación da comunidade, tras Murcia e Cartagena. É o segundo municipio máis extenso de España, tras Cáceres, con 1.676 km².
Lorca é coñecida polo seu castelo, a súa arquitectura barroca e as súas procesións de Semana Santa, declaradas como Festa de Interese Turístico Internacional.
Grazas ao seu denso patrimonio heráldico é tamén chamada "a cidade dos cen escudos", nome que lle outorgou o antigo alcalde José Antonio Gallego, mentres que do seu nome orixinal (Eliocroca) toma o título de "cidade do sol". A súa zona vella e o recinto do castelo foron declarados conxunto histórico-artístico o 5 de marzo de 1964, sendo a primeira da Rexión de Murcia con esta distinción.
O 11 de maio de 2011, dous terremotos de 4,5 e 5,1 graos con epicentro na localidade deixaron un balance de 9 mortos, centos de feridos e notables danos materiais.[1]
O 31 de xaneiro de 2022 foi nova polo asalto ó seu concello no medio da polémica pola limitación das macrogranxas porcinas.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Un dobre terremoto en Lorca deixa polo menos oito mortos, 100 feridos e 10.000 evacuados
- ↑ elDiariomurcia (2022-02-01). "La Policía detiene a uno de los asaltantes del pleno de Lorca e investiga a empresarios ganaderos de la zona". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2022-02-02.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lorca |
