Lerwick
| Lerwick (en) Lerwick (sco) Liùrabhaig (gd) | ||||
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Reino Unido | |||
| País | Escocia | |||
| Concello | Illas Shetland | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 6.958 (2011) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 3,15 km² | |||
| Altitude | 12 m | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | ZE1 | |||
| Fuso horario | ||||
| Prefixo telefónico | 01595 | |||
| Sitio web | shetland.org | |||
Lerwick é a única vila e principal porto das illas Shetland, situada a máis de 160 km ao norte da costa de Escocia. Ten unha poboación duns 7.500 residentes e é de lonxe a vila máis setentrional do Reino Unido, estando á mesma distancia de Bergen, en Noruega, que de Aberdeen, en Escocia.
Lerwick está situada na costa leste da illa principal das Shetland. Foi fundada no s.XVII como porto pesqueiro, e axiña se converteu en porto para ferries. O porto está tamén moi concorrido con barcos de descarga de petróleo.
De Lerwick saen ferries cara a Kirkwall (Illas Orcadas), Aberdeen (Escocia), illa de Fair, Bergen (Noruega), Seyðisfjörður (Islandia) e Tórshavn (illas Feroe), así como cara a outras localidades do arquipélago das Shetland.
Os edificios máis significativos de Lerwick son Fort Charlotte, Lerwick Town Hall, o Böd of Gremista e Clickimin Broch.
Lerwick é un nome con raíces no antigo noruegués e o seu descendente local, o norn, que se falou nas Shetland ata mediados do s.XIX. As palabras Ler Wich quere dicir baía lamacenta. O correspondente noruegués é Leivik. Leir quere dicir arxila e vik quere dicir baía ou cabo.
Lerwick está irmandado con Måløy en Noruega.
