La scala di seta
| La scala di seta A escada de seda | |
|---|---|
| Forma | Ópera |
| Actos e escenas | 1 acto |
| Idioma orixinal do libreto | Italiano |
| Libretista | Giuseppe Maria Foppa |
| Estrea | 22 de maio de 1813 |
| Teatro da estrea | Teatro San Moisè |
| Lugar da estrea | Venecia |
| Música | |
| Compositor | Gioachino Rossini |
| Localización da partitura | Stiftelsen Musikkulturens främjande, Estocolmo |
| Personaxes | |
La scala di seta (en galego A escada de seda) é unha farsa nun acto con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Giuseppe Maria Foppa. A súa estrea tivo lugar no Teatro San Moisè de Venecia o 22 de maio de 1813.
Esta ópera é pouco representada, aparecendo nas estatísticas de Operabase con só 4 representacións no período 2005-2010.[1]
Personaxes
[editar | editar a fonte]| Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 22 de maio de 1813 (Director: - ) |
|---|---|---|
| Dormont, titor | tenor | Gaetano Dal Monte |
| Giulia, pupila | soprano | Maria Cantarelli |
| Lucilla, prima de Giulia | soprano | Carolina Nagher |
| Dorvil | tenor | Raffaele Monelli |
| Blansac | baixo | Nicola Tacci |
| Germano, servinte de Dormont | baixo | Nicola De Grecis |
Argumento
[editar | editar a fonte]Nesta farsa, cóntase como Dormont lle pediu matrimonio á súa pupila Giulia. Non obstante, había un grave problema: ela xa casara en segredo con Dorville, a quen obrigaba a subir tódalas noites ao seu cuarto por unha "scala di seta" (unha escada de seda). Felizmente, a prima de Giulia e un ridículo "valet de chambre" conseguen enguedellar as cousas e todo acaba ben.
Orquestración
[editar | editar a fonte]A partitura de Rossini está pensada para pequena orquestra formada por:
- 2 frautas (tamén piccolo), 2 óboes (II. tamén corno inglés só na aria de Giulia n. 6), 2 clarinetes, fagot
- 2 trompas
- archi
Para os recitativos:
- piano (violonchelo e contrabaixo ad libitum)
Estrutura
[editar | editar a fonte]- Sinfonia
- 1 Introduzione Va', sciocco, non seccarmi! (Giulia, Germano, Lucilla)
- 2 Duetto Io so ch'hai buon cuore (Giulia, Germano)
- 3 Aria Vedrò qual sommo incanto (Dorvil)
- 4 Quartetto Sì che unito a cara sposa (Blansac, Giulia, Germano, Dorvil)
- 5 Aria Sento talor nel core (Lucilla)
- 6 Recitativo e Aria Il mio ben sospiro e chiamo (Giulia)
- 7 Aria Amore dolcemente (Germano)
- 8 Finale Dorme ognuno in queste soglie (Giulia, Germano, Dorvil, Blansac, Dormont, Lucilla)
Gravacións
[editar | editar a fonte]| Ano | Elenco (Giulia, Germano, Lucilla, Dorvil, Blansac, Dormont) | Director, teatro de ópera e orquestra |
Selo [2] |
|---|---|---|---|
| 1962 | Graziella Sciutti, Fernando Lidonni, Margherita Rinaldi, Fernardo Jacopucci, Boris Carmeli, Manlio Rocchi |
Franco Ferrari | |
| 1988 | Luciana Serra, Roberto Coviello, Cecilia Bartoli, William Matteuzzi, Natale de Carolis, Oslavio Di Credico |
Gabriele Ferro | |
| 1990 | David Griffith, Luciana Serra, Jane Bunnell, David Kuebler |
Gianluigi Gelmetti, Radio-Sinfonie-Orchester Stuttgart Video recording of a performance at the Schwetzingen Festival |
DVD: EuroArts Cat: 2054978 |
| 1992 | Fulvio Massa, Teresa Ringholz, Francesca Provvisionato, Ramón Vargas |
Marcello Viotti, English Chamber Orchestra |
CD de son: Claves Cat: 50-9219-20 |
| 2001 | Andrea Carboni , Gaia Matteini, Silvia Vajente, Silvia Vajente |
Giovan Battista Varoli, I Solisti di Fiesole (Recorded at performances in Il Teatro Comunale di Castiglion Fiorentino (Arezzo), decembro) |
CD de son: Bongiovanni Cat: GB 2316/7-2 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Estatísticas de Operabase". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2017. Consultado o 08 de maio de 2012.
- ↑ Reciordngs of La scala di seta on operadis-opera-discography.org.uk
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
