Saltar ao contido

Kosmos 482

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kosmos 482
TipoCientífico
Destino actualReentrado.[1]
Data de lanzamento31 de marzo de 1972, 16:25 GMT[1][2][3]
Foguete portadorMolniya-M MVL[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2]
Duración da misiónFallo durante o lanzamento.
Obxectivo da misiónEstudo de Venus.[2]
NSSDC ID1972-023A
Masa1184 kg[2][4]

Kosmos 482 ("Космос 482" en ruso) foi unha sonda do programa Venera lanzada pola Unión Soviétiva para estudar Venus. Engalou o 31 de marzo de 1972 mediante un foguete Molniya-M MVL, pero quedou en órbita baixa terrestre ao fallar a etapa que debía poñela en órbita cara Venus. Debido a isto foi nomeada coa denominación Kosmos, reservada a satélites en órbita terrestre, en lugar de Venera. Despois de acadar a órbita de aparcadoiro arredor da Terra, a sonda separouse en dous obxectos: o bus principal, encargado da navegación ata Venus, e a sonda de aterraxe, deseñada para chegar á superficie venusina.[5] O bus principal e as etapas do foguete lanzador reentraron na atmosfera terrestre entre o 3 de abril de 1972 e o 5 de maio de 1981.[5]

Nunha ventá entre as 6:04 e as 7:32 UTC do 10 de maio de 2015, a cápsula de descenso caeu á superficie mentres estaba nunha traxectoria que cubría Australia, o océano Índico, Oriente Medio e Europa.[5] Segundo a axencia espacial rusa Roscosmos, a cápsula estrelouse ás 6:24 UTC ao nordeste do océano Índico.[6][7][8]

O módulo de aterraxe, duns 495 kg[9], poder ter chegado intacto á superficie terrestre. Estaba deseñado para, orientado correctamente, soportar ata 300 g de deceleración e 100 atmosferas de presión para entrar na atmosfera de Venus[5]. Porén, a antiguedade da nave e o baixo ángulo de entrada probablemente reduciron as posibilidades de supervivencia. Os tumbos e unha orientación incorrecta puideron resultar en seccións da nave queimándose na atmosfera terrestre. A velocidade final de impacto estimouse en entre 65 e 70 m/s (230 a 250 km/h).[5]

Trasfondo

[editar | editar a fonte]

A principios de 1962 comezou a darse o nome de Kosmos a todo satélite soviético que quedara en órbita terrestre, independentemene de cal fora o seu destino orixinal. A designación desta misión como un intento de sonda interplanetaria baséase en evidencias de documentación histórica da era soviética e posterior. As misións planetarias soviéticas normalmente eran postas nunha órbita de aparcadoiro terrestre antes de partir. Se o foguete que debía lanzalas a unha órbita interplanetaria fallaba, as sondas quedaban en órbita terrestre e se lles daba a designación Kosmos.

Kosmos 482 foi lanzado por un foguete Molniya-M MVL o 31 de marzo de 1972, catro días despois de Venera 8, coa que posiblemente compartía deseño e planificación da misión. Despois de chegar á órbita terrestre, a nave aparentemente intentou alcanzar unha órbita de transferencia interplanetaria a Venus. A nave quedou separada en catro anacos, dous dos cales permaneceron en órbita baixa terrestre, decaendo en 48 horas sobre Nova Zelandia mentres que os outros dous (presumiblemente a carga útil e o motor) quedaron nunha órbita máis elevada, de 210 x 9800 km e unha inclinación orbital de 51,95 graos.[5] A causa do fallo foi un temporizador mal programado que fixo que a última etapa se apagara prematuramente, impedindo á sonda escapar da órbita terrestre.

Reentradas dos anacos de 1972

[editar | editar a fonte]

A primeira das partes, catro esferas de aliaxe de titanio de 13,6 kg e un diámetro de 38 cm, tocaron terra nun círculo de 16 km de radio unhas de outras ás aforas de Ashburton, Nova Zelandia, ás 1:00 do 3 de abril de 1972.[10] As esferas deixaron buratos nas leirtas onde caeron, pero non houbo danos personais. Un obxecto de forma similar foi descuberto preto de Eiffelton, Nova Zelandia, en 1978.[11]

O dereito espacial exixía devolver os restos ao seu propietario orixinal, pero a Unión Soviética negou ter coñecemento ou ser propietaria do satélite.[12] Polo tanto as esferas pasaron a ser propiedade do granxeiro a quen pertencía o terreo onde caeron. As pezas foron analizadas por científicos neozelandeses que determinaron que a súa orixe era soviética polas marcas de fabricación e as soldaduras de alta tecnoloxía do titanio. Os científicos concluíron que eran probablemente contedores de gas a presión do tipo usado para o lanzamento de foguetes que decaeran na atmosfera.[13]

Reentrada de 2025

[editar | editar a fonte]
Aterrizador da misión Venera 7.

A última parte en órbita da nave, a cápsula de descenso, reentrou o 10 de maio de 2025 nun lugar entre os 51,95 graos de latitude norte e sur[14][5][15],

O 10 de maio de 2025, a Axencia Espacial Europea informou de que a cápsula non se detectou por radar durante o pase predito sobre Alemaña ás 7:32 UTC (9:32 CEST), polo que concluíu que a reentrada ocurrira probablemente a principios desa mañá.[16]

Segundo a axencia espacila rusa Roscosmos, a cápsula tería impactado na parte oriental do océano Índico ás 6:24 UTC, ao oeste de Iacarta, Indonesia.[6][8]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 482" (en inglés). Consultado o 18 de xuño de 2025. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 NASA (28 de outubro de 2022). "Cosmos 482" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2025. Consultado o 18 de xullo 2025. 
  3. "Letter dated 19 May 1972 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (PDF) (72-11569). 1 de xuño de 1972: 2. Consultado o 18 de xuño de 2025. 
  4. 4,0 4,1 Gunter Dirk Krebs (2025). Gunter's Space Page, ed. "Venera 8 (V-72 #1, 2)" (en inglés). Consultado o 18 de xuño de 2025. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Langbroek, Marco (6 de maio de 2025). SatTrackCam Leiden (b)log, ed. "SatTrackCam Leiden (b)log: Cosmos 482 Descent Craft reentry forecasts [UPDATED]" (en inglés). Consultado o 19 de xuño de 2025. 
  6. 6,0 6,1 Turner, Ben (10 de maio de 2025). Live Science, ed. "Soviet spacecraft Kosmos 482 crashes back to Earth, disappearing into Indian Ocean after 53 years in orbit" (en inglés). Consultado o 4 de xullo de 2025. 
  7. Sky News (ed.). "Half-tonne piece of Soviet rocket may have crashed through atmosphere over south of England" (en inglés). Consultado o 19 de xuño de 2025. 
  8. 8,0 8,1 Wall, Mike (10 de maio de 2025). Space, ed. "Failed Soviet Venus lander Kosmos 482 crashes to Earth after 53 years in orbit" (en inglés). Consultado o 19 de xuño de 2025. 
  9. David, Leonard (25 de febreiro de 2019). Space.com, ed. "Failed 1970s Venus Probe Could Crash to Earth This Year" (en inglés). 
  10. The Press, ed. (6 de abril de 1972). "WHAT WILL IT BE?" (en inglés). p. 1. Consultado o 28 de xuño de 2025. 
  11. Horwood, Alison (24 de agosto de 2002). New Zealand Herald, ed. "New light on mysterious space balls". 
  12. Gates, Charlie (15 de enero de 2011). Stuff, ed. "Government report on 'space balls' released" (en inglés). 
  13. The Press, ed. (12 de abril de 1972). "It might be their ball; but it's our yard". p. 15. 
  14. Bowler, Jacinta (2 de maio de 2025). Australian Broadcasting Corporation, ed. "Old Soviet spacecraft expected to crash back to Earth". Consultado o 4 de xullo de 2025. 
  15. David, Leonard (28 de abril de 2025). Space.com, ed. "A failed Soviet Venus lander will fall back to Earth after being stranded for 53 years". Consultado o 4 de xullo de 2025. 
  16. ESA Rocket Science Blog, ed. (10 de maio de 2025). "Reentry prediction: Soviet-era Venera Venus lander Cosmos 482 descent craft". Consultado o 4 de xullo de 2025. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]