Jableh
| جبلة (ar) | ||||
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| País | Siria | |||
| Gobernación | Gobernación de Latakia | |||
| Distrito | Jableh District (en) | |||
| Subdistrito | Jablah Subdistrict (en) | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 75.505 (2012) | |||
| Xeografía | ||||
| Altitude | 16 m | |||
| Datos históricos | ||||
| Precedido por | ||||
| Identificador descritivo | ||||
| Fuso horario | ||||
| Prefixo telefónico | 23 | |||
Jableh (árabe: جبلة: جبلة Ǧabla), tamén soletreado Jebleh, Jabala, Jablah ou Gabala, é unha cidade costeira do mediterráneo en Siria, 25 km ao norte de Baniyas e 25 km ao sur de Latakia, con arredor de 80000 habitantes (2008).[1] A cidade alberga a tumba e a mesquita do sultán Ibrahim Bin Adham, un famoso místico sufí que renunciou ao seu trono e dedicouse á oración polo resto da súa vida.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]
Jableh estivo habitado desde polo menos o segundo milenio a. C.[3] A cidade foi parte do reino ugarita e foi mencionada como "Gbʿly" nos arquivos da cidade arredor de 1200 a. C.[4] Na Antigüidade Jableh foi unha cidade romana importante. Un dos restos principais deste período é un teatro, capaz de aloxar arrdor de 7000 espectadores. Restos aínda máis antigos atopáronse preto da beiramar, datados na Idade de Ferro ou a Era fenicia.
No período medieval, Jableh foi parte do Principado de Antioquía, un dos Estados Cruzados, até que foi capturada por Saladino en 1189 durante a Terceira Cruzada. Un residente famoso foi Hugo de Xabala, o bispo da cidade, quen informou da caída de Edesa ao papa Uxío III, e foi a primeira persoa a falar do Preste Xoán.
A menos dun quilómetro do centro de cidade xace o sitio antigo de Gibala, hoxe coñecido como Tell Tweini. Esta cidade foi habitada desde o terceiro milenio a. C. até o período persa.
Economía
[editar | editar a fonte]A maioría da poboación Jableh depende da agricultura para subsistir, cultivan laranxas e limóns, olivas. No medio rural atópase un gran número de invernadoiros para o cultivo de hortalizas. No centro da cidade os habitantes traballan no comercio e hai pequenas fábricas de algodón e de zume de laranxa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Gabala". Catholic Encyclopedia.
- ↑ Google Books Travels In Asia And Africa, 1325-54 By Battuta Ibn, Ibn Batuta Translated by Sir Hamilton Gibb (1996) ISBN 81-206-0809-7 p. 62
- ↑ Esber, Hawazan. "Small historical coastal cities: Urban development and freshwater resources". NESCO. Consultado o 11 August 2015.
- ↑ William A. Ward, Martha Joukowsky (1992). The Crisis years: the 12th century B.C. : from beyond the Danube to the Tigris. p. 113.
