Guinea
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2018.) |
| République de Guinée (fr) | |||||
| Himno | Liberté | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Lema | «Traballo, Xustiza, Solidariedade» | ||||
| Localización | |||||
| |||||
| Capital | Conakry | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 12.717.176 (2017) | ||||
| Lingua oficial | lingua francesa languages of Guinea (en) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 245.857 km² | ||||
| Bañado por | Océano Atlántico | ||||
| Punto máis alto | Monte Nimba (1.752 m) | ||||
| Punto máis baixo | Océano Atlántico (0 m) | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 2 de outubro de 1958 | ||||
| Organización política | |||||
| Forma de goberno | república | ||||
| • Presidente da Guinea | Mamady Doumbouya (2021–) | ||||
| • Primeiro ministro da Guinea | Bah Oury (2024–) | ||||
| Órgano lexislativo | Asemblea Nacional de Guinea , (Escano: 114) | ||||
| Membro de | |||||
| PIB nominal | 16.091.817.842 $ (2021) | ||||
| Moeda | franco guineano | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| Dominio de primeiro nivel | .gn | ||||
| Prefixo telefónico | +224 | ||||
| Teléfono de emerxencia | 117, 18 e 442-020 | ||||
| Código de país | GN | ||||
| Sitio web | presidence.gov.gn | ||||
Guinea,[1] oficialmente República de Guinea (en francés: République de Guinée), é un país da África Occidental, limitado ao norte por Guinea-Bissau e polo Senegal, ao norte e leste por Malí, ao leste pola Costa do Marfil, ao sur por Liberia e Serra Leoa e ao oeste polo océano Atlántico. A súa capital é Conakry.
Historia
[editar | editar a fonte]En parte do que é agora Guinea, moitos imperios xurdiron e caeron. Entre eles o Imperio de Malí creado por Sundiata Keita, quen derrotou ao rei dos Sosso, Soumaoro Kanté na batalla de Kirina en 1235, coa cal terminou o Imperio Sosso.
O Imperio de Malí comprendía partes da área norte de Guinea que foi gobernada por mansa (emperadores). O máis famoso foi Kankan Musa I, que fixo unha famosa peregrinación cara a A Meca en 1324. O Imperio de Malí caeu presa dos invasores almorávidas que viñan do norte de África, que estableceu o Imperio Songhai, o cal caeu a mans dos marroquís en 1591.
Os musulmáns fulani migraron a Fouta Djalon en Guinea Central e estableceron un estado islámico de 1735 ata 1898 cunha constitución escrita e gobernadores alternados.
Os aventureiros europeos comezaron o comercio de escravos na rexión costeira de Guinea desde o século XVI ata o século XIX.
A actual Guinea foi creada como colonia por Francia en 1890 con Noël Balley, sendo o primeiro gobernador. A capital, Conakry, foi fundada na illa Tombo en 1890. En 1895 o país incorporouse á África Occidental Francesa.
Independente de Francia desde 1958, Guinea non tivo eleccións democráticas ata 1993, cando o xeneral Lansana Conté (xefe do goberno militar) foi elixido presidente nunha votación. As supresións da seguridade continúan, aínda que non tan severas como nas primeiras décadas. Reelixido en 1998, o presidente enfrontouse á crecente crítica en 1999 polo seu encarceramento dun principal líder da oposición e o extenso malestar económico. As desordes en Serra Leoa tamén continuaron ameazando a estabilidade de Guinea.
En 2008, á morte de Lansana Conté, tomou o poder Moussa Dadis Camara, que ten como primeiro ministro a Cellou Dalein Diallo.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Pódense diferenciar catro zonas xeográficas:
- a zona costeira, a Baixa Guinea (ou Guinea marítima);
- a zona montañosa, a Guinea Central, na que se comprende o macizo do Fouta Djalon, que acada unha altura media de 900 metros, e que se estende por algúns países veciños;
- a zona de sabana no Norte, ou Alta Guinea;
- a zona boscosa do sueste, ou Guinea Forestal, dominada polas chuvias.
Estas catro zonas, ás veces denominadas "rexións naturais", non se corresponden coas rexións administrativas.
Hidrografía e orografía
[editar | editar a fonte]
O país ten 320 km de costa, na que con frecuencia medran mangleiros. Abundan as augas interiores: vinte e dous grandes ríos da África Occidental nacen en Guinea, sendo o Fouta Djalon o gran centro difusor. Entre eses ríos salientan o Níxer, o Senegal e o Gambia. As montañas máis elevadas son interiores, no confín fronteirizo con Costa do Marfil e Liberia, érguese a maior elevación do país o Monte Nimba, con 1.764 metros.
Economía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Economía de Guinea.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Mapa de Guinea.
-
Fervenza de Tabouna en Kindia
-
Fervenza de Saala
-
Chimpancé de Bossou
-
Praia na Illa de Loos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para guineano.
