GoPro, Inc.[1] (antes chamada Woodman Labs, Inc) é unha compañía estadounidense que desenvolve, produce e vende cámaras persoais de alta definición, que son empregadas na fotografía de acción extrema. Son cámaras compactas, lixeiras, resistentes e poden axustarse en vehículos. Capturan fotos e vídeos en HD a través dun obxectivo grande angular, e poden ser configuradas para funcionar de xeito automático cunha intervención mínima, ou controladas remotamente.