Gizeh
| مدينة الجيزة (ar) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Exipto | ||||
| Gobernación | Governación de Guiza | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 5.598.402 (2020) | ||||
| Lingua oficial | lingua árabe | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 187 km² | ||||
| Altitude | 30 m | ||||
| Creación | 642 | ||||
| Organización política | |||||
| Membro de | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 3759914 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 2 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | giza.gov.eg… | ||||
Gizeh[1] ou Xizá[2] (en copto: ⲅⲓⲍⲁ, e en árabe exipcio: الجيزة) é unha cidade próxima ao Cairo, no suroeste da cidade, a poucos quilómetros na ribeira do Nilo. É capital da provincia (muhafazah) de Al Jizah e a terceira maior cidade do Exipto, con 2 443 490 habitantes (2005).

Trátase dun importante centro comercial, industrial, cultural e administrativo. Conta cunha produción diversificada como a maquinaria, a industria química ou o tabaco.
A cidade posúe barrios musulmáns tradicionais así como luxosas urbanizacións ao longo do río e moitas embaixadas estranxeiras e sedes de órganos do goberno. As institucións educativas inclúen a Academia da Lingua Árabe, un Instituto de estudos de oftalmoloxía ou a Universidade do Cairo xa dende 1924.
Nela atópase a Meseta de Giza, na que se sitúa a famosa Necrópole de Gizeh, utilizada durante o Antigo Exipto, principalmente durante o Imperio Antigo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para esfinxe.
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 103. ISBN 84-8158-266-2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Gizeh |
