Un gai[1][2] ou gay[3][4] (do inglésgay, esta do francésgai e esta do latíngaudio) é un home homosexual que mantén unha certa actitude e un certo estilo de vida que implican a reivindicación e a afirmación da súa orientación sexual en pé de igualdade coas demais. Porén, na linguaxe coloquial emprégase con frecuencia como sinónimo de homosexual, do mesmo modo que na tradición anglosaxoa abrangue tanto homes como mulleres[5].
O termo inglés gay, que nos países anglosaxóns se emprega como sinónimo de homosexual (home ou muller), ten a súa orixe na palabra gai, utilizada no século XIII para referirse á persoa que practicaba o culto ó amor cortés homosexual. O amante ou compañeiro era coñecido como gaiol. Nos séculos posteriores o termo gay pasou a ser sinónimo de prostituta, logo empregouse para sinalar a calquera persoa socialmente indesexable, e finalmente a cultura británica adoptouno para denominar pexorativamente ós homosexuais[6].