Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Frontier Records
Instancia de
Nome oficial
Frontier Records
Xénero artístico
Fundación / creación
1980
Situado en
Sede
Lugar de formación
Wikidata
Frontier Records é un selo discográfico independente iniciado no ano 1980 en Sun Valley, Os Ánxeles por Lisa Fancher, unha antiga empregada de Bomp! Records e escritora do libreto do primeiro álbum de The Runaways .
Frontier Records tivo o seu primeiro éxito coa publicación do álbum de Circle Jerks Group Sex en 1980 . O selo editou discos de bandas como Suicidal Tendencies , American Music Club , Heatmiser , Redd Kross , Thin White Rope , T.S.O.L. , Christian Death e Young Fresh Fellows , entre outros.
O 7 de novembro de 2010 Frontier Records organizou unha festa polo seu 30 aniversario no Echoplex dos Ánxeles que contou cunha reunión da banda seminal de punk rock Middle Class , sendo a súa primeira actuación en case tres décadas. The Adolescents , Rikk Agnew , T.S.O.L., Avengers e Flyboys tamén actuaron na festa.[ 1]