Forbach
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Francia | ||||
| Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
| Rexións | Gran Leste | ||||
| Departamento | Mosela | ||||
| Capital de | arrondissement of Forbach-Boulay-Moselle (en) arrondissement of Forbach (en) Q88078283 canton of Forbach (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 21.111 (2022) | ||||
| Xeografía | |||||
| Situado na entidade territorial estatística | Q108921434 Q24928474 | ||||
| Superficie | 16,32 km² | ||||
| Altitude | 219 m-192 m-388 m-245 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 57600 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | mairie-forbach.fr | ||||
Forbach é unha pequena cidade francesa do departamento de Mosela, na rexión de Lorena. Ten 22.450 habitantes, consonte datos de 2007. Está situada a 15 km de Saarbrücken (Alemaña) e a 120 km de Estrasburgo.
Historia
[editar | editar a fonte]Durante a guerra dos Trinta Anos, Forbach foi escenario de enfrontamentos armados. O castelo de Schlossberg e a muralla que o protexía foron derrocados en 1635 por orde do cardeal Richelieu. En 1739 naceu nesta cidade o xeneral Jean Nicolas Houchard, figura salientábel da Revolución Francesa e do imperio de Napoleón I.
A liña de tren entre Metz e Forbach foi inaugurada en 1851 e no ano seguinte a de Saarbrücken. A partir de mediados do século XIX tres famílias influentes dominaron a súa vida política, económica e social. Estas foron os De Wendel, os Couturier e máis os Adt. Despois da batalla de Spicheren, no marco da guerra franco-prusiana, en 1870 Forbach foi anexionada ao Reich alemán, como o resto de Lorena, do que formou parte até o final da primeira guerra mundial, momento no que Lorena (e Alsacia) foron recuperadas polo estado francés.
Durante boa parte da segunda guerra mundial, Hitler anexionou a rexión de Mosela ao Terceiro Reich.
