Fishmans (xaponés: フィッシュマンズ, Hepburn: Fisshumanzu) foi unha banda xaponesa formada no ano 1987 en Minato, Tokyo. Foi coñecida polo seu son psicodélico único e polas distintivas voces do seu último vocalista, Shinji Sato, ademais do estilo do batería Kin-Ichi Motegi e das liñas de baixo rocksteady de Yuzuru Kashiwabara.[1] Aínda que só conseguiron un éxito modesto mentres estiveron en activo, desaparecendo en 1999 tras a súbita morte de Shinji Sato, o seu recoñecemento foi aumentando en todo o mundo co paso dos anos. Nun artigo en 2019 para o xornal The Japan Times, James Hadfield escribiu que os seus álbums Aerial Camp e Long Season "agora son fitos indiscutibles no canon do rock xaponés".[1]