Explosions in the Sky
Aparencia
| Orixe | Austin, Texas, |
|---|---|
| Período | 1999 - presente |
| Xénero(s) | post-rock |
| Selo(s) discográfico(s) | Temporary Residence Limited, Bella Union |
| Membros | Mark Smith Chris Hrasky Munaf Rayani Michael James |
| Na rede | |
| explosionsinthesky.com | |
Explosions in the Sky é unha banda estadounidense de post-rock procedente de Austin, Texas. O grupo gañou popularidade máis alá da escena post-rock polos seus elaborados traballos de guitarras, polo seu estilo narrativo instrumental, que eles chaman "mini-sinfonías catárticas", e polos seus entusiastas e emocionantes concertos. Principalmente tocan con tres guitarras eléctricas e unha batería, aínda que Michael James cambia ás veces a súa guitarra por un baixo. Recentemente a banda engadiu un quinto membro para as súas actuacións. A súa música é case enteiramente instrumental.
Discografía
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| How Strange, Innocence | 2000 | Sad Loud America |
| Those Who Tell the Truth Shall Die, Those Who Tell the Truth Shall Live Forever | 2001 | Temporary Residence Limited |
| The Earth Is Not a Cold Dead Place | 2003 | Temporary Residence Limited |
| The Rescue | 2005 | Temporary Residence Limited |
| All of a Sudden I Miss Everyone | 2007 | Temporary Residence Limited |
| Take Care, Take Care, Take Care | 2011 | Temporary Residence Limited |
| The Wilderness | 2016 | Temporary Residence Limited |
| End | 2023 | Temporary Residence Limited |