Eudy Simelane
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 11 de marzo de 1977 KwaThema, Suráfrica | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Morte | 27 de abril de 2008 KwaThema, Suráfrica | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Causa da morte | homicidio, ferida de arma branca | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista, activista LGBT | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Suráfrica | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Eudy Simelane nada en KwaThema o 11 de marzo de 1977 e finada o 28 de abril de 2008 foi unha futbolista surafricana que xogou na selección de Suráfrica e tamén unha activista polos dereitos LGBT. Foi violada e asasinada na súa cidade natal KwaThema, Gauteng.[1]
Fútbol
[editar | editar a fonte]Simelane xogou como centrocampista no Springs Home Sweepers F.C[2] e na Selección feminina de Suráfrica. Igualmente adestrou varios equipos e estaba a estudar para converterse en árbitra.[3]
Morte
[editar | editar a fonte]O corpo semidesnudo de Simelane foi atopado nun arroio en KwaThema. Fora violada por un grupo, golpeada e apuñalada 25 veces no peito, cara e pernas. Fora a primeira muller en mostrar abertamente o seu lesbianismo en KwaThema.[1] Un informe realizado pola ONG ActionAid e referendado pola comisión surafricana de dereitos humanos, denunciou que o seu asasinato foi un crime de odio levado a cabo contra ela pola súa orientación sexual. Segundo ActionAid este crime non será recoñecido polo Estado Surafricano nin polo seu sistema xurídico.[1]
De acordo coa asociación Triángle que defende os dereitos das persoas homosexuais, a práctica de violacións correctivas está amplamente estendida en Suráfrica onde homes violan mulleres coa intención de curalas e corrixir a súa orientación sexual.[1]
O xuízo contra os catro acusados deu comezo o 11 de febreiro de 2009 en Delmas, Mpumalanga.[4] Un dos catro supostos atacantes declarouse culpable de violación e asasinato e foi sentenciado a 32 anos de cárcere.[1] En setembro de 2009, outro foi culpado de asasinato, violación e roubo, e foi declarado a cadea perpetua máis 35 anos de cárcere. As outras dúas persoas non foron condenadas.[5]
Honras
[editar | editar a fonte]En 2009 erixiuse unha ponte en miniatura en KwaThema, Springs, Gauteng, na súa honra.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Kelly, Annie (12 de marzo de 2009). "Raped and killed for being a lesbian: South Africa ignores 'corrective' attacks". The Guardian. Consultado o 14 de marzo de 2009.
- ↑ "Tribute To The Late Former Banyana Banyana Player, Eudy Simelane". Tribute. SAFA. 1 de maio de 2008. Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2012. Consultado o 29 de xullo de 2009.
- ↑ "Joburg Pride Wall of Rememberance". Gay & Lesbian Pride News. GMax.co.za. 3 de outubro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2012. Consultado o 29 de xullo de 2009.
- ↑ "Stop the Violence - Live Updates from South Africa". Arquivado dende o orixinal o 2017-12-17.
- ↑ "Life for killing lesbian activist".
- ↑ "The Times - Eudy Simelane honoured posthumously". web.archive.org. 2009-04-30. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2009. Consultado o 2024-07-18.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Human Rights Watch informe sobre o xuízo por asasinato
- "El caso de Eudy Simelane: violada y asesinada tan sólo por ser lesbiana". El Mundo (en español). 13 de marzo de 2009. Consultado o 20 de marzo de 2010.