Definitely Maybe
| Definitely Maybe | ||||
|---|---|---|---|---|
| Álbum de Oasis | ||||
| Publicado | 30 de agosto de 1994 | |||
| Gravación | xaneiro - abril de 1994 | |||
| Duración | 51:57 | |||
| Xénero(s) | britpop | |||
| Selo(s) | Creation Records | |||
| Produtor | Noel Gallagher, Mark Coyle, Owen Morris, Dave Batchelor | |||
| Cronoloxía | ||||
| ||||
| Na rede | ||||
| [ editar datos en Wikidata ] | ||||
Definitely Maybe é o álbum de estrea da banda inglesa de britpop Oasis, editado o 30 de agosto de 1994 a través do selo Creation Records. Tivo un éxito inmediato no Reino Unido, tanto de vendas como de crítica, extraéndose del os sinxelos "Supersonic", "Shakermaker" e "Live Forever".
Definitely Maybe entrou directo ao número 1 das listas británicas de álbums. Foi o disco de estrea coas vendas máis rápidas no Reino Unido ata ese momento, sendo superado no 2006 polo álbum de Arctic Monkeys Whatever People Say I Am, That's What I'm Not. Foi certificado sete veces platino nese país, ao vender 2,1 millóns de copias. O traballo marcou o comezo do éxito de Oasis nos Estados Unidos, vendendo 1 millón de discos a pesar de acadar só o posto 58 na lista Billboard 200. En todo o mundo o disco acadou unhas cifras de 7 millóns de copias vendidas.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Tódolos temas escritos e compostos por Noel Gallagher..
| N.º | Título | Duración | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1. | "Rock 'n' Roll Star" | 5:23 | |||||||
| 2. | "Shakermaker" | 5:08 | |||||||
| 3. | "Live Forever" | 4:36 | |||||||
| 4. | "Up in the Sky" | 4:28 | |||||||
| 5. | "Columbia" | 6:17 | |||||||
| 6. | "Supersonic" | 4:43 | |||||||
| 7. | "Bring It On Down" | 4:17 | |||||||
| 8. | "Cigarettes & Alcohol" | 4:49 | |||||||
| 9. | "Digsy's Dinner" | 2:32 | |||||||
| 10. | "Slide Away" | 6:32 | |||||||
| 11. | "Married with Children" | 3:11 | |||||||
| 51:56 | |||||||||