Dayron Robles
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 19 de novembro de 1986  Guantánamo, Cuba  | 
| Altura | 191 cm  | 
| Peso | 89 kg  | 
| Actividade | |
| Ocupación | barreirista (pt)  | 
| Período de actividade | 2006  | 
| Nacionalidade deportiva | Cuba   | 
| Deporte | atletismo   | 
| Disciplina deportiva | 110 metros valados   | 
| Adestrado por | Santiago Antúnez   | 
| Participou en | |
| 2016 | Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 (pt)  | 
| 2012 | Atletismo masculino nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 | 
| 2008 | Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2008 (pt)  | 
                                   
| Cadro de medallas | |||
|---|---|---|---|
| Atletismo masculino | |||
| Xogos Olímpicos | |||
| Pequín 2008 | 110 metros valados | ||


Dayron Robles, nado en Guantánamo o 19 de novembro de 1986, é un atleta cubano especializado nos 110 metros valados.
Dayron Robles é un atleta especializado nas carreiras de valados, de 1.92 m e 80 kg de peso[1]. Empezou a destacar a nivel internacional cando se proclamou en 2006 subcampión do mundo en pista cuberta en Moscova, sobre a distancia curta de 60 metros valados. Dous anos despois, nos mundiais de 2008 de pista cuberta, foi descualificado logo de frearse despois de botarse a correr ao coidar que fixera unha saída nula e non superar os valados.[2]
O 12 de xuño de 2008 conseguiu o récord do mundo de 110 metros valados ao rexistrar 12"87, cun vento favorábel de 0.9 m/s.[3] A carreira disputouse no marco dunha proba internacional en Ostrava (República Checa). O anterior posuidor do récord do mundo era o chinés Liu Xiang que atesouraba 12"88, tres centésimas máis.
Resultados
[editar | editar a fonte]| Ano | Proba | Localidade | Resultado | Distancia | Marca | 
|---|---|---|---|---|---|
| 2003 | Campionatos do Mundo Xuvenís | Sherbrooke, Canadá | 6º | 110 m valados | 13"91 | 
| 2004 | Campionatos do Mundo Júnior | Grosseto, Italia | Prata | 110 m valados | 13"77 | 
| 2005 | Xogos de Centroamérica e Caribe | Nassau, Bahamas | Prata | 110 m valados | 13"41 | 
| 2006 | Campionato do Mundo de Atletismo pista cuberta | Moscova, Rusia | Prata | 60 m valados | 7"46 | 
| 2006 | Xogos de Centroamérica e Caribe | Cartaxena, Colombia | Ouro | 110 m valados | 13"12 | 
| 2007 | Xogos Panamericanos | Río de Xaneiro, Brasil | Ouro | 110 m valados | 13"25 | 
| 2007 | Campionato do Mundo de Atletismo 2007 | Osaca, Xapón | 4º | 110 m valados | 13"15 | 
| 2008 | Xogos Olímpicos de 2008 | Pequín, China | Ouro | 110 m valados | 12"93 | 
| 2009 | Xogos de Centroamérica e Caribe | A Habana, Cuba | Ouro | 110 m valados | 13"18 | 
| 2010 | Campionato do Mundo de Atletismo pista cuberta | Doha, Qatar | Ouro | 60 m valados | 7"34 | 
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dayron Robles, récord mundial de 110 vallas, El País, 13/06/08
 - ↑ Descualificación de Dayron Robles, web da IAAF.
 - ↑ Dayron Robles, récord mundial en 110 vallas, El Mundo, 13/06/08
 
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha de Dayron Robles na web da IAFF Arquivado 05 de agosto de 2011 en Wayback Machine.