Code Lyoko: Evolution
| Code Lyoko: Evolution | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
|
Lingua orixinal
| |||||||||
|
Franquía de medios
| |||||||||
| Temática | |||||||||
|
Baseado en
| |||||||||
| Publicación | |||||||||
|
Compañía produtora
| |||||||||
|
Emisora orixinal
| |||||||||
|
Formato de distribución
| |||||||||
|
Parte da serie
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata | |||||||||
Code Lyoko: Evolution (en galego, Código Lyoko: Evolución) é a secuela da serie de animación francesa de animación Código Lyoko. Foi estreada o 19 de decembro de 2012 a través da canle France 4 e estreaouse de novo o 9 de outubro de 2016 en Boing. Mestura imaxes de acción en vivo con animación CGI, retomando a trama onde quedou a serie orixinal. Ademais de mellorar a calidade do CGI, a banda sonora tamén foi completamente revisada.
Personaxes
[editar | editar a fonte]| Personxaes de Code Lyoko: Evolution | Actor/actriz orixinal |
|---|---|
| Aelita Schaeffer | Léonie Berthonnaud |
| Jeremie Belpois | Marin Lafitte |
| Odd Della Robbia | Gulliver Bevernage |
| Ulrich Stern | Quentin Merabet |
| Yumi Ishiyama | Mélanie Tran |
| William Dunbar | Diego Mestanza |
| Laura Gauthier | Pauline Serieys |
Secundarios
[editar | editar a fonte]| Personaxes de Code Lyoko: Evolution | Actor/actriz orixinal |
|---|---|
| Elisabeth Delmas | Clémency Haynes |
| Jean-Pierre Delmas | Éric Soubelet |
| Suzanne Hertz | Sophie Fougère |
| Jim Morales | Bastien Thelliez |
| Franz Hopper | Hugues Massignat |
| Anthea Hopper-Tyron | Sandrine Rigaux |
| Professor Lowell Tyron | Franck Beckmann |
Produción
[editar | editar a fonte]O orzamento da serie estímase en 5 600 000 euros.[1]
Acollida
[editar | editar a fonte]Code Lyoko Evolution recibiu críticas dispares. Mentres que a mellora da animación CGI foi considerado como un aspecto positivo para os fans da serie, a acollida da maioría dos outros cambios foi maioritariamente negativa. Os fans criticaron duramente a personaxe de Laura Gauthier e houbo críticas dispares sobre a introdución de imaxes reais no canto da animación 2-D. Os fans tamén criticaron o elenco e as súas planas interpretacións. Outros aspectos como o guión tamén foron criticados e en xeral é considerada inferior á serie orixinal. Todo isto supuxo que só tivese unha única tempada composta de 26 episodios.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Angoulême : "Code Lyoko" en chair et en 3D". SudOuest.fr. 29 de febreiro de 2012. Consultado o 25 de setembro de 2012.
- ↑ "Code Lyoko Wikia : Code Lyoko Evolution". Guest.fr. 2012. Consultado o 2 de decembro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Código Lyoko (serie)
- Código Lyoko (videoxogo)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Code Lyoko: Evolution na IMDb (en inglés).