Saltar ao contido

Cloruro de potasio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cloruro de potasio
KCl Editar o valor en Wikidata
Modelo
 Instancia de
 Subclase de
 Caracterizado por
 Ten o papel
 Ingrediente activo en
Micro-K (en) Traducir
Klor-Con (en) Traducir
K-Tab (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Dose diaria
 Condición médica tratada
Propiedades xerais
 Masa
73,93255936 Da Editar o valor en Wikidata
 Densidade absoluta
1.984 g/cm³ Editar o valor en Wikidata
Propiedades estruturais
 SMILES canónico
[Cl-].[K+] Editar o valor en Wikidata
 Momento dipolar eléctrico
10,269 D Editar o valor en Wikidata
Propiedades térmicas
 Punto de fusión
776 ℃
771 ℃ Editar o valor en Wikidata
 Punto de ebullición
1407 ℃ Editar o valor en Wikidata
 Enerxía de ionización
10,269 eV Editar o valor en Wikidata
 Entropía molar estándar
82,6 J/(mol K) Editar o valor en Wikidata
Identificadores
MeSHD011189 Editar o valor en Wikidata
Número CAS7447-40-7 Editar o valor en Wikidata
ATCA12BA01 Editar o valor en Wikidata
PubChem4873 Editar o valor en Wikidata
ChemSpider4707 Editar o valor en Wikidata
UNII660YQ98I10 Editar o valor en Wikidata
ChEBI32588 Editar o valor en Wikidata
ChEMBLCHEMBL1200731 Editar o valor en Wikidata
Beilstein3534978 Editar o valor en Wikidata
InChlModelo3D Editar o valor en Wikidata
RTECSTS8050000 Editar o valor en Wikidata
KEGGD02060 Editar o valor en Wikidata
CE231-211-8 Editar o valor en Wikidata
DrugbankDB00761 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

O composto químico cloruro de potasio (KCl) é un haluro metálico composto de potasio e cloro. No seu estado puro é inodoro. Preséntase como un cristal vítreo de branco a incoloro, cunha estrutura cristalina cúbica centrada nas caras que se fractura facilmente en tres direccións. O cloruro de potasio é utilizado en medicina, aplicacións científicas, procesamento de alimentos e en execución legal por medio de inxección letal. Preséntase naturalmente como o mineral silvina e en combinación con cloruro de sodio como silvinita.

Propiedades químicas

[editar | editar a fonte]

O cloruro de potasio pode reaccionar como unha fonte de ión cloruro. Como calquera outro cloruro iónico soluble, precipita cloruros insolubles cando se mestura cunha disolución dun sal apropiado, como por exemplo nitrato de prata:

KCl(ac) AgNO3(ac) → AgCl(s) KNO3(ac).

Aínda que o potasio é máis electropositivo que o sodio, o KCl pode reducirse a metal por medio dunha reacción con sodio metálico se o potasio é eliminado da mestura por destilación, debido ao principio de Le Chatelier.

KCl (l) + Na (l) → NaCl (l) + ↑K (g) ( a 850 °C)

Este é o método principal para producir potasio metálico porque a electrólise (utilizada para o sodio) falla debido á alta solubilidade do potasio en KCl líquido.

Extracción e manufactura

[editar | editar a fonte]

O cloruro de potasio preséntase na natureza como silvina, e pode extraerse da silvinita. Tamén pode extraerse de auga do mar e pode producirse por cristalización dunha disolución, por flotación ou por separación electrostática de minerais apropiados. É un subproduto da fabricación de ácido nítrico a partir de nitrato de potasio e ácido clorhídrico.

Aplicacións

[editar | editar a fonte]

A maioría do cloruro de potasio producido é utilizado na fabricación de fertilizantes, xa que o crecemento de moitas plantas está limitado pola dispoñibilidade de potasio. O potasio, xunto co nitróxeno e o fósforo é un dos tres constituíntes principais dos fertilizantes químicos (NPK). Como reactivo químico é utilizado na manufactura de hidróxido de potasio e potasio metálico. Tamén é utilizado en medicina, aplicacións científicas, procesamento de alimentos e en execucións xudiciais a través de inxección letal.

Propiedades biolóxicas e médicas

[editar | editar a fonte]

O potasio é vital para o corpo humano e está presente entre os constitíntes minerais dos alimentos. A carencia do mesmo pode suplirse pola inxestión oral de cloruro de potasio , aínda que tamén pode ser disolto e administrado de forma intravenosa. Pode ser utilizado como un substituto do sal na comida , pero dado ao seu sabor algo amargo é pouco salgado é xeralmente mesturado con sal común para mellorar o seu sabor. Medicinalmente é utilizado no tratamento de hipocalemia e trastornos asociados, para envelenamento con dixital, e como un restaurador de electrólitos. Efectos colaterais poden incluír incomodidade gastrointestinal, incluíndo náuseas e vómitos, diarrea e hemorraxia intestinal. A sobredose de potasio causa hiperkalemia a cal pode producir parestesia, fibrilación e arritmias, tamén efectos escleróticos.

Precaucións

[editar | editar a fonte]

Oralmente é tóxico en exceso; a DL50 é de arredor de 2500 mg/kg (é dicir que unha persoa cun peso de 70 kg tería que consumir 175 g. A toxicidade do sal de mesa é similar). Intravenosamente a dose redúcese a soamente 100 mg/kg pero de maior preocupación son os seus efectos severos sobre o músculo cardíaco; altas doses poden causar un paro cardíaco e unha morte rápida.