Aksai Chin
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Territorio reivindicado por | India | ||||
| Estado | República Popular da China | ||||
| Rexións autónomas da República Popular da China | Xinjiang | ||||
| Prefectura | Prefeitura de Hotan (pt) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 37.245 km² | ||||


Aksai Chin (en hindi अक्साई चिन; en chinés simplificado 阿克赛钦, pinyin: Ākèsàiqīn) é unha rexión localizada na unión da República Popular da China, Paquistán e a India. Administrada pola China, pero reclamada pola India. Aksai Chin é unha das dúas áreas fronteirizas disputadas entre a India e a China, a outra é Arunachal Pradesh. A rexión é case completamente desértica, malia iso ten unha importante posición estratéxica, xa que é vital para a comunicación terrestre do Tíbet con Xinkiang, logo da guerra sino-india de 1962 a China ocupou o territorio. Os dous adversarios aceptaron respectar a liña de control e o conflito considérase de baixa intensidade.
Aksai Chin forma parte administrativamente do condado de Hotan, na rexión autónoma de Xinjiang, a India reclama o territorio como parte de Caxemira. A principal vila é Tianshuihai, que conta con 1.600 habitantes.
