Addax
| Addax | |
|---|---|
| Addax nasomaculatus Henri Marie Ducrotay de Blainville 1816 | |
|
Instancia de
| |
|
Categoría taxonómica
| |
|
Taxon superior
| |
|
Nome curto
| |
| Características | |
|
Duración máxima de vida
| |
|
Período de xestación
| |
|
Tamaño da niñada
| |
| Conservación | |
|
Identificador UICN
| |
| Distribución | |
| Dimensións | |
|
Masa
| |
| Clasificación taxonómica | |
| Reino | Animalia |
| Filo | Chordata |
| Clase | Mammalia |
| Orde | Artiodactyla |
| Familia | Bovidae |
| Subfamilia | Hippotraginae |
| Xénero | Addax |
| Especie | A. nasomaculatus |
| Identificadores | |
| ITIS | 625175 |
| OTT | 989805 |
| Fontes e ligazóns | |
|
Descrito pola fonte
| |
| Wikidata G:Commons C:Commons | |
O addax (Addax nasomaculatus) é un antílope de extrema rareza que vive en múltiples zonas illadas do Sáhara. O addax mide arredor de 1 metro de altura e pesa 125 kg. É de cor branca, agás o seu peito, pescozo e testa que son predominantemente castaños, cunha zona branca sobre a ponte do nariz e outras arredor da boca. Os cornos anelados están presentes nos machos e femias, diferenciándose no tamaño: nos machos chegan aos 120 cm de longo e nas femias a 80 cm. A diferenza doutros antílopes carece de glándulas faciais e presenta unha gran dentamia rectangular, semellante á do gando.[1]
Os addax viven en zonas desérticas, alimentándose da herba e follas dos arbustos que están adaptados ao deserto. Non beben, obtendo toda a humidade que precisan do que comen. É un animal nocturno, descansando durante o día en buratos que eles mesmos escarvan. Viven en rabaños de entre dous e vinte animais, femias e machos, cunha forte estrutura social baseada na idade, o macho máis vello conduce a grea, percorrendo grandes distancias na procura de alimento.
En grave perigo de extinción, en 1966 había 6.000, mentres en 1998 quedaban uns 200 individuos no Chad, Malí, Mauritania e Níxer, algún rabaño illado no sur de Libia, non hai evidencia da súa conservación máis ao norte. Está extinto en Alxeria, Exipto, Libia, o Sudán e o Sáhara Occidental. Foi reintroducido en Marrocos e Tunisia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Robert Burton The International Wildlife Encyclopedia, vol 8. Marshall Cavendish, 2002, páxina 24
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Addax |
| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Addax |
