Wikipedia en scots
| Wikipedia en scots | |
|---|---|
Logo da Wikipedia en scots. | |
Portada da Wikipedia en scots. | |
| Tipo | enciclopedia en liña |
| Comercial | Non |
| Rexistro | Opcional |
| Linguas | Scots |
| Licenza | Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 . Non soportada Licenza de documentación libre de GNU |
| Propietario | Wikimedia Foundation |
| Lanzamento | 23 de xuño de 2005 |
| Na rede | |
| https://sco.wikipedia.org/ | |
A Wikipedia en scots (en scots: Scots Wikipaedia) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua scots. Foi creada o 23 de xuño de 2005, e acadou os 1 000 artigos en febreiro de 2006, e os 5 000 en novembro de 2010. A Wikipedia en scorts é unha das oito Wikipedias escritas nunha lingua ánglica ou nun pidgin/crioulo baseado no inglés, sendo as outras a Wikipedia en inglés, a Wikipedia en inglés simple, a Wikipedia en anglosaxón, a Wikipedia en pitcairnés, a Wikipedia en tok pisin, a Wikipedia en patois xamaicano e a Wikipedia en sranan tongo.
En agosto de 2020, esta edición en scots recibiu o escrutinio dos medios de comunicación pola mala calidade dos seus escritos e descubriuse de que polo menos 20.000 artigos foran escritos por un editor que non falaba o idioma. Esta atención levou a unha revisión máis ampla do contido da wiki por falantes escoceses e editores da comunidade Wikipedia.[1] Elimináronse a maioría dos artigos deste usuario, o que levou a unha diminución do número total de artigos do proxecto de preto de 55 000 en 2018[2] a arredor de 40 000 en 2021.
Esta versión da enciclopedia contén 34.283 artigos e 121.717 usuarios, dos cales 144 son activos.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Harrison, Stephen (2020-09-09). "What Happens to Scots Wikipedia Now?". Slate Magazine (en inglés). Consultado o 2020-10-11.
- ↑ "Wikipedia Statistics - Tables - Scots". stats.wikimedia.org. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2021. Consultado o 2021-06-21.
- ↑ "List of Wikipedias". meta.wikimedia.org. Wikimedia Foundation. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2018. Consultado o 15 de marzo de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Existe unha versión da Wikipedia en Wikipedia en scots |
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wikipedia en scots |